Carlos VII de Francia

Carlos VII de Francia o Vencedor ou o Ben Servido, nado en París en 1403 e finado en 1461, foi rei de Francia (1422 - 1461).

Infotaula de personaCarlos VII de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Charles VII de France Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1403 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 1461 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Mehun-sur-Yèvre, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei de Francia
30 de outubro de 1422 – 31 de xullo de 1461
← Carlos VI de FranciaLois XI de Francia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaChinon
Bourges
Loches
Mehun-sur-Yèvre Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , monarca Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Francia Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Valois Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaría de Anjou (1422, 1422 (Gregoriano)–1461)
ParellaAgnès Sorel
Antoinette de Maignelais
Jeanne de Maignelais (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosLois XI de Francia
 () María de Anjou
Jean de France (en) Traducir
 () María de Anjou
Marie de Valois (en) Traducir
 () Agnès Sorel
Marie de France (en) Traducir
 () María de Anjou
Jacques de France (en) Traducir
 () María de Anjou
Jeanne de France (en) Traducir
 () María de Anjou
Marguerite de France (en) Traducir
 () María de Anjou
Jeanne de Valois (en) Traducir
 () Agnès Sorel
Radegunda de Francia
 () María de Anjou
Carles de Valois, duque de Berry
 () María de Anjou
Catarina de Valois e de Anjou
 () María de Anjou
Carlota de Valois
 () Agnès Sorel
Iolanda de Valois
 () María de Anjou
Madalena de Francia
 () María de Anjou
Xoana de Valois e de Anjou
 () María de Anjou
Jeanne de Maignelais (en) Traducir
 () Antoinette de Maignelais Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos VI de Francia Editar o valor en Wikidata  e Isabel de Baviera (raíña de Francia) Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria de Valois (pt) Traducir, Catarina de Valois (pt) Traducir, Isabel de Valois (pt) Traducir, Micaela de Valois (pt) Traducir, Joana de França (pt) Traducir, Marguerite, bâtarde de France (en) Traducir, Luís, Delfim de França (pt) Traducir e João (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Valois-121

Traxectoria

editar

Orixes familiares

editar

Fillo máis novo do rei Carlos VI de Francia e Isabel de Baviera. Era neto pola liña paterna do rei Carlos V de Francia e Xoana de Borbón, e pola liña materna do duque Estevo III de Baviera e Taddea Visconti. Cos matrimonios das súas irmás emparentou cos reis Ricardo II de Inglaterra e Henrique V de Inglaterra así como co duque Filipe III de Borgoña.

Orixe dos seus alcumes

editar

Carlos VII é coñecido polo vitorioso grazas á súa vitoria sobre os ingleses na Guerra dos Cen Anos, así como ben servido pola súa habilidade para rodearse dos mellores conselleiros e facerse valer deles para lograr as súas vitorias.

Os primeiros anos

editar

En 1418, catro anos antes da morte do seu pai, o novo delfín tivo que se facer cargo da rexencia aos quince anos debido á delicada saúde mental do seu pai.

Ao ano seguinte, o mozo rexente viu como os partidarios do seu pai asasinaban ao duque Xoán I de Borgoña, curmán do rei francés, que se sublevara contra o propio rei e apoiara a presenza inglesa en Francia.

En 1420 polo Tratado de Troyes, enmarcado na Guerra dos Cen Anos, Carlos VI de Francia recoñeceu a Henrique V de Inglaterra como o herdeiro lexítimo do reino e desherdou aos seus fillos. Así Filipe III de Borgoña, fillo de Xoán I, conseguiu facer valer as acusacións contra o delfín de ter conspirado, manobrado, incitado, preparado, dirixido e instigado ao asasinato do seu pai.

Morte de Carlos VI de Francia

editar
 
O pintor Jean Fouquet pintou o rei Carlos VII adorando o neno Xesús como un dos Reis Magos

Á morte do seu pai, un baleiro apodérase de Francia. Dous reis loitaron polo trono, Carlos VII como lexítimo herdeiro e Henrique VI de Inglaterra como herdeiro do seu pai Henrique V, lexitimado polo Tratado de Troyes: os armagnacs contra os borgoñóns.

Daquela o delfín Carlos estaba baixo a tutela de Iolanda de Aragón. Ela, partidaria dos Armagnac, opúxose ás pretensións da raíña viúva Isabel de Baviera de devolvelo á corte de París. Xoán de Lancaster, irmán de Henrique V, gobernou como rexente en Inglaterra e puxo sitio á cidade de Orleans.

Iolanda de Aragón mantivo ao delfín Carlos o máis lonxe posíbel da súa familia e prometeuno coa súa propia filla María. Iolanda de Aragón permitiu que unha xove doncela francesa visitase o delfín no castelo de Chinon o 25 de febreiro de 1429. Esta doncela, chamada Xoana de Arco, convenceu a Carlos de Francia para que lle permitise dirixir un exército contra Orleans para levantar o cerco.

A partir dese momento, Xoana de Arco converteuse na valedora do trono do xove delfín. Cos seus éxitos logrou levantar o cerco de Orleans e pola batalla de Patay o 17 de xullo de 1429 Carlos foi coroado rei na catedral de Reims. Un ano despois Xoana de Arco foi capturada polos ingleses, xulgada e queimada na fogueira.

Henrique VI de Inglaterra é francófilo e pacifista e tiña a soberanía sobre París e Normandía. En 1435, o duque Filipe III de Borgoña deixou a alianza cos ingleses e aliouse con Carlos VII de Francia, curmán seu no Tratado de Arras[1], e reorganizou o reino. Con esta axuda conseguiu expulsar aos ingleses da cidade de París, deixando nas súas mans Montreau, que foi tomada en 1437[2], e Pontoise, que caeu en 1441[3].

O rei Carlos VII asumiu unha actitude e unha posición enérxica. Esnaquizou o movemento revolucionario da "Praguería", iniciado polos nobres contra o seu poder totalitario. Entre 1444 e 1453 conseguiu, coa axuda do exército, liberar a Francia do poder inglés, agás o enclave de Calais.

Matrimonios e descendentes

editar

En 1422 casou con María de Anjou, filla de Lois II de Anjou e Iolanda de Aragón. Desta unión naceron:

Carlos VII morreu o 22 de xullo de 1461 en Mehun-sur-Yèvre, departamento de Cher, e foi enterrado na catedral de Saint-Denis.

  1. Tilley, Arthur Augustus (2010). Medieval France: A Companion to French Studies (en inglés). Cambridge University Press. p. 135. ISBN 1108017150. 
  2. Michelet, Jules (1857). History of France, Volume 2 (en inglés). G. H. Smith. p. 181. 
  3. "Le siege de Pontoise en 1441" (PDF). Memoires (Société Historique et Archeologique de Pontoise). vol.IX: 48. 1886. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar