Carlos o Temerario

Carlos I de Valois-Borgoña,[1], chamado Carlos o Temerario (en francés Charles le Téméraire),[2] e tamén o Audaz (en francés: Charles le Hardi), nado en Dijon o 10 ou o 11 de novembro de 1433,[3][4] e finado en Nancy o 5 de xaneiro de 1477, foi o último duque de Borgoña, de Brabante, de Limburgo e de Luxemburgo, entre outros títulos do chamado Estado borgoñón.

Carlos o Temerario
Charles the Bold 1460.jpg
Nacemento10 de novembro de 1433
Lugar de nacementoDijon
Falecemento5 de xaneiro de 1477
Lugar de falecementoNancy
Causamorto en combate
SoterradoIgreja de Nossa Senhora e Bruxas
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítico
PaiFilipe III de Borgoña
NaiIsabel de Portugal, Duquesa de Borgoña
CónxuxeCatarina de Valois e de Anjou, Isabel de Bourbon e Margarida de Iorque
FillosMaría de Borgoña
IrmánsPhilip of Burgundy, David of Burgundy e Anthony, bastard of Burgundy
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
Na rede
Musicbrainz: 383b49d9-e1ce-4655-baee-76a64c8cc487 Discogs: 1151372 WikiTree: Valois-334 Find a Grave: 6494 Editar o valor em Wikidata
Signatur Karl der Kühne.PNG
editar datos en Wikidata ]
Un mozo Carlos o Temerario, conde do Charolais, portando o colar da orde do Vélaro de Ouro.
Carlos o Temerario por Rubens.
Kunsthistorisches Museum, Viena, Austria.
Tumba do Temerario no igrexa da Nosa Señora de Bruxas.

TraxectoriaEditar

Pertencía a unha rama menor dos Valois, que gobernaron Borgoña entre 1364 e 1482.

Carlos era o terceiro fillo, convertido primoxénito despois da morte temperá dos dous primeiros, do duque Filippe III de Borgoña Filipe o Bo (1396-1467), e da súa terceira esposa Isabel de Portugal, filla do rei Xoán I, e por iso recibiu o título de conde do Charolais que, baixo os duques de Valois-Borgoña, estaba reservado ao herdeiro dos Estados borgoñóns.

O poder do ducado de Borgoña alcanzou o seu apoxeo baixo o seu reinado, pero desaparecería en virtude dos hábiles golpes políticos do rei de Francia, Luis XI.

A súa morte en 1477, na batalla de Nancy, significou o fin do soño borgoñón de resucitar a antiga Lotarinxia.

O matrimonio da súa filla María co arquiduque Maximiliano, futuro emperador do Sacro Imperio, ligou a herdanza borgoñoa á liñaxe dos Habsburgo na persoa do fillo de ambos, Filipe o Fermoso, que contraería matrimonio coa raíña Xoana de Castela. O fillo de ambos, Carlos, recibiría o seu nome en memoria do seu avó materno.

O sobrenome de "Temerario" non lle foi adxudicado até o romanticismo. Para os seus coetáneos foi "Carlos o Audaz", "o Gran León" ou "o Guerreiro", e "o Terríbel" para os seus detractores.

Carlos o Temerario na culturaEditar

En literaturaEditar

No cinemaEditar

  • La Mort du Téméraire, telefilme de Roger Viry-Babel, (1977).

NotasEditar

  1. Jacques Hillairet, "Dictionnaire historique des rues de Paris" (impr. 1973), Les Editions de Minuit, p.483 (columna da esquerda): "L'hôtel de Bourgogne no nº 20 da rúa Etienne Marcel pertence polo tanto aos catro duques de Valois-Bourgogne: Filipe II o Audaz (1342-1404), Xoán sen Medo (1371-1419), Filipe III o Bo (1396-1467) e Carlos I o Temerario (1433-1477)".
  2. Xenealoxía no sitio Medieval Lands
  3. Henri Pirenne, Histoire de Belgique, réédition BiblioBazaar, LLC, 2008, Ler en liña
  4. Philippe Contamine e Geneviève Contamine, Autour de Marguerite d'Écosse: reines, princesses et dames du s. XV, H. Champion, 1999, p. 99.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bartier, John (1970): Charles le Téméraire. Bruxelles: Charles Dessart.
  • Brion, Marcel (2006): Charles le Téméraire, grand-duc d'Occident. París: Tallandier.
  • Calmette, Joseph (1994): Les Grands Ducs de Bourgogne. París: Albin Michel.
  • Cauchies, Jean-Marie (1996): Louis XI et Charles le Hardi. De Péronne à Nancy (1468-1477): le conflit, Bruxelles: De Boeck Université. "Bibliothèque du Moyen Âge".
  • Debray, Quentin (2007): La Bataille de Nancy. Monaco: Éditions du Rocher. ISBN 978-2-268-06069-9.

Outros artigosEditar