Isabel de Portugal, duquesa de Borgoña

Isabel de Portugal, nada en Évora o 21 de febreiro de 1397 e finada en Dijon (Borgoña) o 17 de decembro de 1471, foi unha princesa portuguesa da dinastía de Avis.

Isabel de Portugal, duquesa de Borgoña
Nacemento21 de febreiro de 1397
Lugar de nacementoÉvora
Falecemento17 de decembro de 1471
Lugar de falecementoDijon
SoterradaMonastério de Champmol
NacionalidadeReino de Portugal
Ocupaciónpolítica
PaiXoán I de Portugal
NaiFilipa de Lancaster
CónxuxeFilipe III de Borgoña
FillosCarlos o Temerario e Jodocus of Burgundy
IrmánsBeatriz, Condessa de Arundel, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Pedro, Duque de Coimbra, Afonso I, Duque de Bragança e Xoán, Infante de Portugal
Na rede
WikiTree: Avis-310 Find a Grave: 12958421 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Era a única filla do rei Xoán I de Portugal e da súa muller Filipa de Lancaster. Pasou a súa mocidade na corte de Lisboa. Era irmá, entre outros, de Henrique o Navegador, Pedro, duque de Coímbra e Duarte, rei de Portugal, sucesor de Xoán I.

En 1430, casou con Filipe III, duque de Borgoña, con quen tivo 3 fillos: Antonio e Xosé (que morreron durante a infancia) e Carlos o Temerario (nado o 10 de novembro de 1433).

Isabel era unha muller moi refinada e intelixente, que lle gustaba de se rodear por artistas e poetas e foi unha mecenas das artes. Tamén na política, exerceu a súa influencia sobre o seu fillo e, en especial, sobre o seu marido, que representou en varias misións diplomáticas.