Afonso I, Duque de Braganza
Afonso I de Braganza, nado talvez en Veiras (Alentejo) en 1377 e finado en 1461, foi o 8.º conde de Barcelos, 2.º conde de Neiva e o 1.º Duque de Braganza. Foi fillo natural do rei Xoán I e de Inés Pires.
Afonso I, Duque de Braganza | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de agosto de 1377 |
Lugar de nacemento | Estremoz |
Falecemento | 15 de decembro de 1461 |
Lugar de falecemento | Chaves |
Soterrado | Mosteiro de Batalha |
Nacionalidade | Reino de Portugal |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Xoán I de Portugal |
Nai | Inês Pires |
Cónxuxe | Beatriz Pereira Alvim e Constança de Noronha |
Fillos | Fernando I, Duque de Bragança, Afonso de Bragança, Marquês de Valença e Isabel de Barcelos |
Irmáns | Beatriz, Condessa de Arundel, Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Pedro, Duque de Coimbra e Xoán, Infante de Portugal |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
O primitivo estado e patrimonio dos Braganza formouse con bens e terras que dotou á filla o condestábel Nuno Álvares Pereira (1360-1431) 7.° Conde de Barcelos. Foi o fundador da casa de Braganza. O señorío e o Ducado de Braganza solicitounos ao rexente Pedro, con motivo de breve reconciliación entre ambos, que llo concedeu no ano 1442. Os descendentes foron Duques de Guimarães o 23 de novembro de 1470 e de Barcelos o 5 de agosto de 1562.
Durante o reinado de Duarte tivo excelentes relacións co seu medio irmán, pero non o conseguiu demover da tráxica expedición a Tánxer. Despois da morte de Duarte e durante a rexencia da súa viúva dona Leonor e don Pedro, irmán do falecido rei, non foron boas as relacións entre Afonso e Pedro. En 1442 este obtivo do rexente o señorío e Ducado de Braganza. Era o terceiro Ducado de Portugal (os dous primeiros foron creados por Xoán I para os seus dous fillos: o de Coímbra a Pedro e o de Viseu para Henrique)
Casamento e descendencia Editar
Casou en Leiria en 8 de novembro de 1401 con Brites ou Beatriz Pereira de Alvim (1380-1412) condesa de Barcelos e condesa de Arraiolos, filla única do condestábel Nuno Álvares Pereira e Leonor Alvim, morta en 1 de novembro de 1401, a herdeira da casa máis opulenta do reino. Dese casamento, tivo tres fillos:
- Afonso, conde de Ourém e marquês de Valença (mercé de Afonso V) que faleceu aínda en vida de seu pai en 1460;
- Fernando que sucedeuo no ducado de Braganza;
- Isabel que casou co seu tío o infante Xoán, Infante de Portugal, fillo de Xoán I.
En 1420, casou con Constanza de Noreña, filla de Afonso de Gijón e Noreña, fillo de Henrique II de Castela, pero non tivo fillos.
O seu neto en sexta xeración, Xoán II de Braganza, seria despois o rei Xoán IV de Portugal.