Tánxer
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Coordenadas: 35°46′36″N 5°48′14″O / 35.776666666667, -5.8038888888889
Tánxer[1][2] (en árabe: طنجة Ṭanjah; en bérber: ⵟⴰⵏⵊⴰ Ṭanja) é unha cidade ao norte de Marrocos, capital da rexión de Tánxer-Tetuán. Está situada na costa norteafricana, á entrada do estreito de Xibraltar. Contaba en 2004 cunha poboación de 669.680 habitantes.
Tánxer | |
---|---|
طنجة ⵟⴰⵏⵊⴰ | |
![]() | |
Vista da baía de Tánxer, durante o solpor. | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Tánxer-Tetuán |
Xeografía | |
Altitude | 80 msnm |
Superficie | 302,5 km² |
Demografía | |
Poboación | 669.680 (2004) |
Densidade | 3.365,23 |
Xentilicio | Tanxerino/a |
Outros datos | |
Código postal | 90000 |
HistoriaEditar
A cidade foi fundada por colonizadores cartaxinenses a comezos do século V a.C. O seu nome posiblemente deriva da deusa berber Tinjis (ou Tinga). No primeiro século a.C., pasou a estar gobernada polos romanos. No mandato de Augusto, a colonia foi a capital da provincia de Mauretania Tingitana. No século V, os vándalos conquistaron e ocuparon "Tingi". Un século despois pasou a formar parte do Imperio bizantino, pouco antes de estar controlada e islamizada polos árabes da dinastía Omeia no 702.
Na Baixa Idade Media, Tánxer pasou a pertencer, desde 1471, a Portugal, despois de varios intentos errados, até que en 1661 pasou a Carlos II de Inglaterra como parte do dote da infanta portuguesa Catarina de Braganza. Non obstante, o dominio inglés sobre a cidade durou pouco tempo. En 1679 o sultán Moulay Ismail de Marrocos tentou sen éxito ocupar a cidade, pero mantivo un gran bloqueo que finalmente levou á retirada inglesa o día 6 de febreiro de 1684.
Século XXEditar
Xa no século XX, Tánxer estivo na base dunha crise internacional que precede á I Guerra Mundial, debido a que o káiser Guillerme II quixo establecer alí intereses alemáns, indo contra os intereses de Francia, que tentaba tamén controlar o sultanato.
Tras converterse Marrocos nun protectorado francés en 1912, a cidade acabou por ser declarada zona internacional, administrada polo Reino Unido, España, Francia, a partir de 1923 tamén por Portugal, Italia, Bélxica, Países Baixos, Suecia, Estados Unidos e, desde 1945, Unión Soviética. Foi despois unida ao reino de Marrocos, cando a independencia deste en 1956.
EconomíaEditar
Tánxer é o segundo centro industrial máis importante de Marrocos, despois de Casablanca, con industrias téxtil, química, metalúrxica e naval. Actualmente, a cidade posúe dous parques industriais, que teñen o estatuto de zona Franca.
A economía de Tánxer baséase fortemente no turismo. O número de resorts á beira do mar vén aumentando, con proxectos patrocinados por investimentos estranxeiros. Compañías do sector inmobiliario e do sector de construción civil están investindo cada vez máis na infraestrutura turística.
O comercio artesanal na cidade vella (Medina) especializouse principalmente en produtos de coiro, manufacturas de madeira e prata, roupas tradicionais, e calzado. A agricultura da área basicamente produce cereais.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tanxerino.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tánxer |