Alxeciras

concello da provincia de Cádiz

Alxeciras[1] (en castelán: Algeciras) é unha cidade e municipio do sur de España, situado no Campo de Xibraltar, provincia de Cádiz, Andalucía.

Modelo:Xeografía políticaAlxeciras
Algeciras (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°07′39″N 5°27′14″O / 36.1275, -5.4539Coordenadas: 36°07′39″N 5°27′14″O / 36.1275, -5.4539
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación123.639 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.437,66 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie86 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude20 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
859Siege of Algeciras (en) Traducir
xullo de 1278Cerco de Algeciras (1278-1279) (pt) Traducir
xaneiro de 1310Siege of Algeciras (en) Traducir
3 de agosto de 1342Cerco de Algeciras (1342–44) (pt) Traducir
abril de 1350 (Gregoriano)Siege of Algeciras (en) Traducir
28 de xullo de 1369Siege of Algeciras (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Ignacio Landaluce Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11200–11209 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico956 Editar o valor em Wikidata
Código INE11004 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webalgeciras.es Editar o valor em Wikidata
Porto de Alxeciras.

Está situada na baía de Alxeciras, un enclave xeográfico estratéxico por acharse no estreito de Xibraltar, lugar de contacto entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Esta situación fixo que posea o porto marítimo con maior tránsito de persoas e mercancías entre Europa e África, concretamente entre España e Marrocos[2].

Alxeciras con 121.414 habitantes é o décimo municipio de Andalucía e o segundo da provincia en termos de poboación, tras Xerez da Fronteira e por diante da capital provincial, Cádiz.[3]

Toponimia editar

 
Imaxe satélite da Cidade de Alxeciras.

O nome Algeciras procede do árabe الجزيرة الخضراء Al-Yazira al-Jadrā', "a illa verde", pola illa que se encontraba na súa costa antes de ser anexionada polo porto.[4] Tamén podería proceder de الجزائر Al-Yazā'ir ("as illas"). Este nome naceu no ano 711 cos primeiros musulmáns que chegaron á Península Ibérica. Anteriormente, na época romana a cidade situada no que actualmente é o centro da cidade denominouse Iulia Traducta, nome que fai referencia a que foi poboada por disidentes ao Imperio Romano procedentes de Tánxer. Aparece designada tamén como Tingentera, interpretada como Tingis altera ou "a outra Tingis", e como Iulia Ioza en púnico.[5]

O xentilicio é "alxecireño-a". Como outras cidades da zona (La Línea, Xibraltar, Ceuta etc.) os seus cidadáns teñen un xentilicio particular popular, así aos alxecireños chámanselle "especiales", segundo pode ser, porque na zona dábase no pasado un viño chamado Especial.

Demografía editar

Evolución demográfica
1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2008
19.417 21.431 25.671 52.732 66.317 81.662 86.042 101.556 104.087 115.333

Economía editar

Alxeciras é o motor comercial da comarca. As súas industrias principais son a petroquímica e a pesca. O porto de Alxeciras é o máis importante de España en tráfico total de mercadorías, cun movemento total de 74,8 millóns de toneladas en 2008.[6]

Lugares de interese editar

 
Praza Alta de Alxeciras e igrexa da Palma

Arqueoloxía editar

  • Fornos Romanos de El Rinconcillo
  • Factoría de salgaduras da rúa San Nicolás (s.I)
  • Restos da Mesquita Aljama (s.VIII)
  • Parque Arqueolóxico das Murallas Meriníes (s.XIII)

Arquitectura civil editar

  • Praza Alta de Alxeciras
  • Praza Juan de Lima
  • Vila Vella de Alxeciras
  • Acueduto de Alxeciras
  • Mercado de abastos de Alxeciras
  • Escola de arte

Arquitectura relixiosa editar

  • Capela de Nosa Señora de Europa
  • Igrexa de Nosa Señora da Palma
  • Capela da Caridade
  • Capela do Santo Cristo da Alameda

Zonas verdes editar

  • Parque María Cristina
  • Parque das Acacias
  • Parque do Saladillo
  • Parque do Centenario

Cultura editar

  • Museo municipal de Alxeciras
  • Museo de Arte Sacra
  • Teatro Florida
  • Fundación Municipal de Cultura José Luis Cano

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alxecireño. Consultado o 28-12-2013.
  2. "Memoria anual do Porto de Alxeciras 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de maio de 2009. Consultado o 02 de novembro de 2009. 
  3. Algeciras supera a Cádiz y es ya la segunda ciudad de la provincia, artigo en Europa Sur (en castelán).
  4. Henrique Florez (1752). España Sagrada: Theatro geographico-histórico de la Iglesia de España. Oficina de Antonio Marín. p. 36. 
  5. Pascual Madoz (1845). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Establecimiento Literario-tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti. 
  6. "O porto de Alxeciras segue liderando o Sistema Portuario Español". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 25 de decembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar