Tarifa

concello andaluz da provincia de Cádiz

Tarifa é un municipio situado no extremo meridional da provincia de Cádiz, ocupando a parte occidental da comarca do Campo de Xibraltar.

Castelo de Tarifa.

Xeografía editar

Dentro do seu termo municipal atópase o punto máis meridional da Península Ibérica, a Punta de Tarifa ou Marroquí, accidente xeográfico que se sitúa na Illa de Las Palomas, unida hoxe á propia cidade por medio dunha estrada-rúa, que serve de acceso ao faro que nela se sitúa.

O cabo ou Punta de Tarifa serve ademais de divisoria ás augas do Mar Mediterráneo e do Océano Atlántico, que se cruzan xusto enfronte da propia cidade, que polo tanto está situada na parte máis angosta da canle ou Estreito de Xibraltar, a unha distancia máxima de 14 quilómetros das costas marroquís, o que a converte na cidade europea máis próxima ao continente africano.

Tarifa posúe un termo municipal cuxa extensión é de 414,56 km², o que lle converte no máis extenso da comarca campoxibraltareña, achegando un 27,4% do marco territorial da mesma.

Tarifa linda ao leste cos termos municipais de Alxeciras e Los Barrios, ao norte con Medina-Sidonia, e ao noroeste con Vejer de la Frontera e Barbate. Os límites oeste, sur e sueste non son político-administrativos senón físicos, así ao oeste limita co Océano Atlántico e ao sur e sueste co mar Mediterráneo.

Historia editar

En Tarifa atópase máis de medio centenar de covas e abrigos con arte rupestre, pertencentes ao conxunto coñecido localmente como arte sureña. De todos estes xacementos destaca a Cueva del Moro con gravados de cabalos dunha antigüidade de 20.000 anos.

Contaba en 2007 con 17.736 habitantes.