Punta de Tarifa
A punta de Tarifa é un promontorio ou cabo español pertencente ao termo municipal de Tarifa, situado na costa atlántica da provincia de Cádiz, en Andalucía.
Tipo | cabo promontorio | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Tarifa, España | |||
| ||||
Bañado por | Estreito de Xibraltar | |||
Situada no extremo suroeste da illa das Pombas ou illa de Tarifa constitúe o punto máis meridional de Europa continental (36º de latitude norte e 5º 34' de lonxitude oeste), ademais de ser a divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Mediterráneo, situándose xusta fronte ao centro urbano de Tarifa. Sobre a punta álzase a cota máis alta da illa, e alí está construído o faro de punta de Tarifa.
Galería de imaxes
editar-
Océano Atlántico desde o espigón cara á Illa das Pombas mirando cara ao oeste.
-
Mar Mediterráneo desde o espigón cara á Illa das Pombas mirando cara ao leste.
-
Camiño cara á Illa das Pombas, á esquerda o Mar Mediterráneo e á dereita o Océano Atlántico.
-
Entrada da Illa das Pombas pechada ao público (recinto militar).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Punta de Tarifa |