Barbate
Barbate é unha localidade da provincia de Cádiz, Andalucía. No ano 2008 tiña 22.851 habitantes. A súa superficie é de 142 km² e ten unha densidade de 159,4 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 11' N, 5º 55' O. Atópase situada a unha altitude de 14 metros e a 64 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Barbate | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade Autónoma | Andalucía |
Provincia | Cádiz |
Comarca | La Janda |
Xeografía | |
Altitude | 14 msnm |
Superficie | 143,36 km² |
Demografía | |
Poboación | 22.912 hab. (2009) |
Densidade | 159,82 hab./km² |
Xentilicio | Barbateño, ña |
Outros datos | |
Código postal | 11160 |
Alcalde | Rafael Quirós Cárdenas (PSOE) (2007) |
www.barbate.es |
Coordenadas: 36°11′N 5°55′O / 36.183, -5.917
Áchase na costa próxima ao cabo de Trafalgar. Tradicionalmente foi unha poboación pesqueira dedicada tanto na pesca nos caladoiros marroquís como na pesca do atún mediante a arte tradicional da almadraba.
Neste concello atópase o Parque Natural da Breña e Marismas do Barbate, o monumento natural do Tómbolo de Trafalgar, así como o mesmo Cabo Trafalgar.
Trala guerra civil, a localidade é refundada e separada de Vejer de la Frontera e pasa a chamarse Barbate de Franco, contando cun consistorio propio. Non foi até o 7 de marzo de 1998 cando perdeu o apelido Franco mediante decreto da Xunta de Andalucía.[1][2]
XeografíaEditar
Ten un núcleo urbano e algunhas pedanías importantes: Zahara de los Atunes, Los Caños de Meca e Zahora. Posúe 25 quilómetros de costa, onde se encontran as praias de Mangueta, Zahora, Los Caños de Meca, Hierbabuena, Nuestra Señora del Carmen, Cañillos, Pajares e Zahara de los Atunes.
DemografíaEditar
Evolución da poboación desde 1940.

NotasEditar
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2010.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de decembro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2010.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbate |
- Barbate - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía