Djibuti (cidade)

Coordenadas: 11°35′42″N 43°08′53″L / 11.595, 43.148055555556

Djibuti é a capital do estado homónimo sito no nordeste de África e unha cidade portuaria fundada polos franceses en 1888. A súa poboación, consonte estimacións do ano 2005 era de 542.000 habitantes. Entre 1892 e 1977 foi a capital da colonia da Somalia francesa.

Djibuti (cidade)
Jabuuti
Gabuuti
جيبوتي
Coat of arms Djibouti City.png
Djibouti City.jpg
Localización
Djibuti en Djibuti
Djibuti
Djibuti
PaísFlag of Djibouti.svg Djibuti
RexiónRexión de Djibuti
Xeografía
Altitude14 msnm
Superficie630 km²
Demografía
Poboación623.891 hab. (2013)
Densidade990 hab/km²

XeografíaEditar

A cidade está localizada sobre o Golfo de Tadjoura, que é unha porción do Golfo de Aden e ao sur do Estreito de Bab el-Mandeb.

Djibuti é o termo do Ferrocarril Etíope que parte desde Addis Abeba e porto franco para Etiopía, que non ten saída ao mar. Os produtos principais de exportación do porto de Djibuti son o sal e máis o coiros.

Está atravesada polo uadi ou río temporal de Ambouli, que divide a cidade vella do barrio de Balbala.

ComunicaciónsEditar

Ademais do citado Ferrocarril Etíope que a une coa capital do veciño estado de Etiopía, e do porto marítimo, do cal parten ferry-boats para Obock e Tadjura, a cidade posúe o aeroporto internacional Djibuti-Ambouli.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

 
Vista parcial do porto de Djibuti
 
Barrio europeo de Djibuti