Mosteiro de Batalha
Coordenadas: 39°39′33″N 8°49′34″O / 39.659166666667, -8.8261111111111
O Mosteiro de Santa Maria da Vitória (máis coñecido como Mosteiro de Batalha[1]) atópase en Batalha, Portugal, e foi mandado edificar en 1386 por Xoán I de Portugal[2] como agradecemento á Virxe María pola vitoria na Batalla de Aljubarrota.[2] Este mosteiro dominicano foi construído ó longo de dous séculos até o ano 1563, durante o reinado de sete reis de Portugal, pero dende 1388 xa vivían alí os primeiros dominicanos. Exemplo da arquitectura gótica tardía portuguesa, ou estilo manuelino, é considerado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e o 7 de xullo de 2007 foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal.[3] En Portugal, o IPPAR clasificouno como Monumento Nacional dende 1910.[4] Ten, dende 2016, o estatuto de Panteón Nacional.[5]
Mosteiro de Batalha | |
---|---|
Mosteiro de Batalha | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II |
Inscrición | 1983 (7ª session) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 264 |
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ "Mosteiro da Batalha". Instituto de Gestão do Património Arquitectónico e Arqueológico (IGESPAR). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Mosteiro de Santa Maria da Vitória". Câmara Municipal da Covilhã (en portugués). Consultado o 19 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Mosteiro da Batalha é uma das sete maravilhas de Portugal". Jornal da Batalha (en portugués). 7 de xullo de 2007. Consultado o 19 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Detalhes". Instituto de Gestão do Património Arquitectónico e Arqueológico (IGESPAR). Consultado o 19 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Decreto da Assembleia da República 22/XIII que procede à segunda alteração à Lei n.º 28/2000.". Assembleia da República. 6 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2016. Consultado o 26 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Batalha |
Bibliografía
editar- Monastery of Batalha: English guide. xullo de 2005.
- Turner, J. (1996). MacMillan Publishers Ltd., ed. Grove Dictionary of Art. ISBN 0-19-517068-7.
- The Rough Guide to Portugal (11 ed.). marzo de 2005. ISBN 1-84353-438-X.
- Rentes de Carvalho, J. (agosto de 1999). Portugal - De Arbeiderspers (9 ed.). Amsterdam. ISBN 90-295-3466-4.