Pedro de Portugal

Pedro de Portugal, duque de Coímbra (Lisboa 1392 - 1449) infante de Portugal e rexente (1439-1448).

Pedro de Portugal
Peter of Coimbra (St. Vincent Panels).jpg
Nacemento9 de decembro de 1392
Lugar de nacementoLisboa
Falecemento20 de maio de 1449
Lugar de falecementoAlverca do Ribatejo
SoterradoMosteiro de Batalha
NacionalidadeReino de Portugal
Relixióncatolicismo
PaiXoán I de Portugal
NaiFilipa de Lancaster
CónxuxeIsabel de Urgel, Duquesa de Coimbra
FillosPedro de Coimbra, Condestável de Portugal, Isabel de Avis, Rainha de Portugal, João de Coimbra, Príncipe de Antioquia, Jaime de Portugal, Beatriz de Coimbra e Filipa, infanta de Portugal
IrmánsIsabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Beatriz, Condessa de Arundel, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Afonso I, Duque de Bragança e Xoán, Infante de Portugal
Premiosknighthood e Orde da Xarreteira
Na rede
WikiTree: Aviz-23
Assinatura Infante D. Pedro.svg
editar datos en Wikidata ]

Desde o seu nacemento Pedro foi un dos fillos favoritos do rei Xoán I. O seu pai dotouno dunha educación excepcional. En 1415 viaxou á beira do seu pai e os seus irmáns na expedición portuguesa contra Ceuta, e foi nomeado cabaleiro ese ano. Foi entón cando o seu pai lle concedeu o ducado de Coímbra a el e o ducado de Viseu ó seu outro irmán, Henrique o navegante.

Cando o seu irmán Duarte I de Portugal morreu o 1438, o seu fillo Afonso V ascendeu ao trono, baixo a rexencia da súa nai Leonor de Aragón. Pero a rexencia estivo marcada polo conflito debido á súa impopularidade polo feito de ser muller e estranxeira. Así o 1439, Xoán de Portugal, duque de Aveiro, solicitou a xuntanza das Cortes que designaron Pedro rexente do reino, unha opción que satisfixo o pobo e a burguesía. Pero unha parte da nobreza, a que se atopaba ao redor de Afonso de Portugal, medio irmán de Pedro e conde de Barcelos, preferiu Leonor. Comezou unha guerra de influencias e poucos anos máis tarde Afonso logrou ter ó seu sobriño Afonso V de Portugal baixo o seu dominio político, converténdose no tío preferido do rei.

En 1443, nunha postura de reconciliación, Pedro nomeou ó seu medio irmán Afonso, primeiro duque de Braganza. No 1445 Afonso oféndese pola elección dunha filla de Pedro como dona de Afonso V. Indiferente ás intrigas Pedro continuou a súa rexencia, o país prospera e concédense as primeiras axudas para a exploración do océano Atlántico feita por Henrique o navegante.

O 9 de xuño de 1448 Afonso V accedeu a maioría de idade polo que Pedro renunciou a rexencia O rei Afonso V por influencia do seu tío Afonso anula tódalas leis e editos de Pedro. Por unha falsa acusación o rei amosa inimizade co seu tío e sogro, declarándoo rebelde ao reino. Na batalla de Alfarrobeira do 20 de maio de 1449, preto de Alverca, Pedro de Portugal resultou derrotado e morto.