Xoán, infante de Portugal

infante de Portugal

Xoán de Portugal, nado en Santarém o 13 de xaneiro de 1400 e finado en Alcácer do Sal o 18 de outubro de 1442, foi un infante de Portugal da dinastía de Avis.

Xoán, infante de Portugal
Nacemento13 de xaneiro de 1400
Lugar de nacementoSantarém
Falecemento18 de outubro de 1442
Lugar de falecementoAlcácer do Sal
SoterradoMosteiro de Batalha
NacionalidadeReino de Portugal
Relixióncatolicismo
PaiXoán I de Portugal
NaiFilipa de Lancaster
CónxuxeIsabel de Barcelos
FillosBeatriz de Portugal, Duquesa de Viseu, Isabel de Portugal e Diogo de Portugal
IrmánsBeatriz, Condessa de Arundel, Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Pedro, Duque de Coimbra e Afonso I, Duque de Bragança
Na rede
WikiTree: Aviz-6 Find a Grave: 156056607 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo do rei Xoán I e da súa muller, a raíña Filipa de Lancaster. Foi condestábel de Portugal, sucedendo a Nuno Álvares Pereira, e aínda señor de Reguengos, Colares e Belas. En 1424, Xoán casou coa sobriña Isabel de Bragança, filla do duque Afonso.

Durante o reinado de Duarte de Portugal, Xoán uniuse ao seu irmán Pedro, duque de Coímbra na contestación á expedición a Tánxer que habería de acabar en desastre. Defendeu tamén a entrega da cidade de Ceuta, conquistada en 1415 a cambio da liberdade do Infante Santo, mesmo contra a vontade do propio.

No inicio do reinado do seu sobriño Afonso V de Portugal, a rexencia do reino foi entregado a Leonor de Aragón, a raíña nai. Esta decisión testamento do falecido rei provocou rexeitamento popular e ameazas de motíns en Lisboa. Foi Xoán que se instalou na capital, para evitar unha rebelión. Despois, rexeitando as ofertas de alianza de Leonor e Afonso, conde de Barcelos (o futuro duque de Bragança), defendeu a realización de cortes para nomear o duque de Coímbra novo rexente.

Descendencia editar