Xoán, infante de Portugal
Xoán de Portugal, nado en Santarém o 13 de xaneiro de 1400 e finado en Alcácer do Sal o 18 de outubro de 1442, foi un infante de Portugal da dinastía de Avis.
Xoán, infante de Portugal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de xaneiro de 1400 |
Lugar de nacemento | Santarém |
Falecemento | 18 de outubro de 1442 |
Lugar de falecemento | Alcácer do Sal |
Soterrado | Mosteiro de Batalha |
Nacionalidade | Reino de Portugal |
Relixión | catolicismo |
Pai | Xoán I de Portugal |
Nai | Filipa de Lancaster |
Cónxuxe | Isabel de Barcelos |
Fillos | Beatriz de Portugal, Duquesa de Viseu, Isabel de Portugal e Diogo de Portugal |
Irmáns | Beatriz, Condessa de Arundel, Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Pedro, Duque de Coimbra e Afonso I, Duque de Bragança |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Foi fillo do rei Xoán I e da súa muller, a raíña Filipa de Lancaster. Foi condestábel de Portugal, sucedendo a Nuno Álvares Pereira, e aínda señor de Reguengos, Colares e Belas. En 1424, Xoán casou coa sobriña Isabel de Bragança, filla do duque Afonso.
Durante o reinado de Duarte de Portugal, Xoán uniuse ao seu irmán Pedro, duque de Coímbra na contestación á expedición a Tánxer que habería de acabar en desastre. Defendeu tamén a entrega da cidade de Ceuta, conquistada en 1415 a cambio da liberdade do Infante Santo, mesmo contra a vontade do propio.
No inicio do reinado do seu sobriño Afonso V de Portugal, a rexencia do reino foi entregado a Leonor de Aragón, a raíña nai. Esta decisión testamento do falecido rei provocou rexeitamento popular e ameazas de motíns en Lisboa. Foi Xoán que se instalou na capital, para evitar unha rebelión. Despois, rexeitando as ofertas de alianza de Leonor e Afonso, conde de Barcelos (o futuro duque de Bragança), defendeu a realización de cortes para nomear o duque de Coímbra novo rexente.
Descendencia Editar
- Diogo de Portugal, condestábel de Portugal (1425-1443)
- Isabel de Portugal (1428-1496), casada co rei Xoán II de Castela e nai da raíña Isabel a Católica
- Beatriz de Portugal (1430-1506), casada co príncipe Fernando de Portugal, duque de Viseu, foi nai do rei Manuel I
- Filipa de Portugal (1432-ca.1450), señora de Almada