Leiria

concello e vila de Portugal
(Redirección desde «Leiria, Portugal»)

Coordenadas: 39°46′N 8°53′O / 39.767, -8.883

Leiria é unha cidade portuguesa, situada na rexión Centro e subrexión do Rexión de Leiria, con aproximadamente 65 000 habitantes,[1] capital do concello e do distrito de Leiria.

Leiria
Leiria e o seu castelo
Localización
Leiria en Portugal
Leiria
Leiria
PaísPortugal Portugal
RexiónCentro
SubrexiónRexión de Leiria
DistritoLeiria
Xeografía
Superficie565 km²
Demografía
Poboación128.640 hab. (2021)
Densidade228 hab/km²
XentilicioLeiriense/coliponense
Outros datos
Código postal2400 Leiria
AlcaldeGonçalo Gordalina Lopes (PS)
Páxina oficial

Foi fundada como vila en 1135, recibindo o primeiro foro de Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, en 1142, baixo o nome de Leirena.

É sede dun municipio con 565,1 km² de superficie e 128.640 habitantes (INE, 2021), subdividido en 18 freguesías.

Ten un clima temperado marítimo, chuvioso, con temperaturas suaves. Experimentou un notábel crecemento demográfico, do 271,2 % con respecto a 1960, así como tamén un acusado envellecemento da súa poboación, aínda que inferior ao da poboación do distrito. Nas últimas décadas, Leiria coñeceu un importante desenvolvemento industrial e cultural, coa creación de escolas e institutos de ensinanza superior que atraen a un gran número de estudantes, incluso doutros distritos.

A poboación activa da cidade traballa maioritariamente en actividades do sector terciario (70,4 %) e secundario (18,6 %). En 2021 tiña 65.000 residentes, repartidos en sete freguesías: Marrazes, Leiria, Pousos, Parceiros, Barreira, Barrosa e cortes.

A cidade está bañada polos ríos Lis e Lena, sendo o castelo de Leiria o seu monumento máis notábel.

Notas Editar

  1. Nuno Pires Soares (2021): Uma população que se urbaniza. Uma avaliacção recente. Cidades, 2004. Instituto Geográfico Português Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine..

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.