Setúbal

Coordenadas: 38°31′27.5″N 8°53′33.4″O / 38.524306, -8.892611

Setúbal[1] é unha cidade de Portugal, capital do distrito de Setúbal, na rexión de Lisboa. Posúe unha superficie de 172,0 km² e a poboación alcanza un total de 123.496 habitantes (2021).[2]

Setúbal
Pt-stb1.png
STB.png
Fuerte de San Felipe, Setúbal, Portugal, 2012-05-11, DD 13.JPG
Localización
LocalSetubal.svg
PaísPortugal
RexiónLisboa
SubrexiónPenínsula de Setúbal
DistritoSetúbal
Xeografía
Superficie170,57 km²
Demografía
Poboación123.496 hab. (2021)
Xentiliciosetubalense
Outros datos
Código postal2900 e 2910

Aínda que se atoparon restos paleolíticos e neolíticos, a cidade foi fundada polos fenicios cara ao ano 1000 aC. A caída do Imperio Romano e a subseguinte crise do comercio marítimo levou á extinción da poboación, que non rexurdiu ata o século XIII. Conquistada polo duque de Alba (1580), a oposición antiespañola foi sempre potente (tumultos de 1588, 1594, 1603, 1628 e 1630) e en 1640 proclamou como rei de Portugal a Xoán IV.

Destaca o seu centro histórico, comprendido entre dúas murallas: unha medieval e outra do século XVI. Neste espazo agrúpanse a maior parte dos monumentos e edificios de interese histórico e artístico, como o Acueduto dos Arcos ou a Catedral de Setúbal.

Panorámica da cidade

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para setubalense.
  2. INE, Instituto Nacional de Estadística. "Censo da População residente e da Habitação - Censos 2021". tabulador.ine.pt. Consultado o 2023-01-08. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar