Porto Seguro é unha cidade brasileira do Estado da Baía. Sitúase ó sur do estado, nunha rexión que foi a primeira avistada polo navegante portugués Pedro Álvares Cabral, a 22 de abril de 1500.

Modelo:Xeografía políticaPorto Seguro
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 16°27′00″S 39°03′54″O / -16.45, -39.065Coordenadas: 16°27′00″S 39°03′54″O / -16.45, -39.065
EstadoBrasil
Unidades da federaciónBahia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación167.955 (2022) Editar o valor em Wikidata (69,74 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.408,327 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Buranhém (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude4 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1534 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal45810-000 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico73 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil2925303 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Setúbal (2000–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webportoseguro.ba.gov.br Editar o valor em Wikidata

Características editar

Todos os anos, turistas europeos, (principalmente portugueses e franceses) ademais de estadounidenses, arxentinos e israelís, e tamén millares de brasileiros de varias partes do país visitan a cidade e os seus distritos de Arraial d'Ajuda e Trancoso[Cómpre referencia]. Na cidade e nestes dous distritos hai igrexas e moitas casas que remontan ao período colonial brasileiro, que están preservadas por lei, e os seus propietarios non as poden modificar sen permisión do poder público.

No municipio sitúase o Parque Nacional do Pau Brasil e, non moi distante dela, o Parque Nacional do Monte Pascoal e o Parque Nacional do Descobrimento. A razón para a existencia destes parques é garantir a preservación do pouco que resta da Mata Atlántica, a selva orixinal que cubría a rexión cando da chegada dos brancos. Hai tamén unha aldea de indíxenas da etnia pataxó que preservan algúns costumes dos seus antepasados, pero non máis falan a súa lingua orixinal, pero si o portugués.

Para chegar á cidade dende Salvador recorrese 707 km pola estrada BR-101 e despois pola BR-367. Está a 1.120 km do Río de Xaneiro, a 1669 km de Brasilia, e a 1481 km de São Paulo por estradas asfaltadas. Hai tamén a opción do avión, xa que o seu aeroporto recibe ata voos internacionais.

Ademais do turismo, outras actividades económicas importantes son a agricultura (principalmente anacardo e coco), a gandería, e o comercio e algúns servizos.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar