Xoana I de Castela

Xoana I de Castela, Xoana I de Aragón e Castela ou Xoana Trastámara, coñecida tamén como Xoana a Louca ou Xoana a Tola, nada en Toledo en 1479 e finada en Tordesillas, Valladolid, en 1555, foi, entre outros, raíña de Aragón e Castela.

Infotaula de personaXoana I de Castela

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Juana I la Loca
(ca) Joana la Boja Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1479 Editar o valor en Wikidata
Toledo Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 1555 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Tordesillas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCapela Real de Granada Editar o valor en Wikidata
Raíña de Sardeña
23 de xaneiro de 1516 – 12 de abril de 1555
Raíña de Castela e León Coroa de Castela
26 de novembro de 1504 – 12 de abril de 1555
← Isabel I de CastelaCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro alaranxado e rubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa e lingua latina Editar o valor en Wikidata
InstrumentoClavicordio, guitarra e monocórdio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportehípica
Cetrería Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Navarra (1516–1555)
Rei de Toledo (1504–1555)
Rei de Castela (1504–1555)
Raíña de Xaén (1504–1555)
Rei de Sevilla (1504–1555)
Raíña de Granada (1504–1555)
Raíña de Galicia (1504–1555)
Señor de Molina (1504–1555)
Raíña de Murcia (1504–1555)
Rei de León (1504–1555)
Infanta of Aragón (en) Traducir
Raíña de Sardeña Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFilipe I de Castela (1496, 1496 (Gregoriano)–1506)
FillosLeonor de Austria, María de Habsburgo, Catarina de Austria, Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico, Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, Sabela de Austria, Rietje Koane Editar o valor en Wikidata
PaisFernando II de Aragón Editar o valor en Wikidata  e Isabel I de Castela Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal (pt) Traducir, João, príncipe das Astúrias (pt) Traducir, María de Aragón, Catarina de Aragón, Afonso de Aragón, John of Aragon, Prince of Girona (en) Traducir e Alonso de Estrada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesHenrique VIII de Inglaterra (cuñado) Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX974417 WikiTree: Trastamara-2 Find a Grave: 11318531 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Orixes familiares

editar

Naceu na corte real de Toledo o 6 de novembro de 1479, filla do rei de Aragón Fernando II de Aragón e da raíña de Castela, Isabel a Católica. Foi a terceira filla dos Reis Católicos, irmá máis nova do príncipe de Asturias e herdeiro do trono, o infante Xoán de Aragón, e nai do futuro emperador Carlos I de España.

Infanta da Coroa de Castela

editar

Desde nena foi moi fermosa e intelixente e recibiu unha coidadosa educación, propia dunha infanta. Como improbábel herdeira de Coroa de Castela, esa educación estivo máis baseada na obediencia que no sentido do goberno, a diferenza dos requisitos da instrución dun príncipe.

No estrito ambiente da nómade corte castelá da súa época, Xoana foi unha alumna avantaxada en comportamento relixioso, boas maneiras e na etiqueta da corte, sen desestimar artes como a danza e a música, equitación e o coñecemento das linguas románicas propias da Península Ibérica ademais do francés e o latín. Entre os seus principais preceptores atopábanse o sacerdote dominico Andrés de Miranda; a amiga e titora da súa nai, Beatriz Galindo dita "A Latina"; e, por suposto, a súa propia nai.

Arquiduquesa de Austria

editar
 
Filipe o Fermoso e Xoana I de Castela

Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co Sacro Imperio Romano Xermánico, que rexía Maximiliano I de Habsburgo, e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da Casa de Valois, os Reis Católicos ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, Filipe de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, de Habsburgo, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, do Tirol e de Artois, señor de Anveres e Malinas etc. A cambio deste enlace, os Reis Católicos pediron a man da filla de Maximiliano, Margarida de Austria, como esposa para o príncipe Xoán de Aragón. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en 1489 foi solicitada en matrimonio polo rei Escocia, Xaime IV, da dinastía Estuardo.

A pesar da súa vontade de facerse monxa, en agosto de 1496, tendo 16 anos, os seus pais embarcárona desde a praia cantábrica de Laredo, nun dos navíos xenoveses do capitán Juan Pérez. Mais a frota incluía, para demostrar o esplendor da coroa castelá nas terras do Norte e, sobre todo para mostrar o seu poder ao hostil rei francés, outros 131 buques, desde naos a carabelas, e cunha tripulación de 15.000 homes. Xoana foi acompañada pola súa nai e os seus irmáns.

A travesía tivo algúns contratempos que obrigaron a buscar refuxio na Illa de Portland, Inglaterra, o 31 de agosto. Cando finalmente a frota puido arribar a Middelburg (Zelandia), unha das embarcacións xenovesas que transportaba 700 homes, afundiuse, e con ela as vestimentas de Xoana e moitos dos seus efectos persoais.

Xa en terra flamenga, Xoana non foi recibida polo seu prometido, que se encontraba en Alemaña, debido a unha artimaña que prepararan os conselleiros francófilos de Filipe, opostos ás alianzas pactadas polo seu pai, o emperador. Os sobreditos tentaron aínda, en 1496, e con Xoana xa na corte, convenceren a Maximiliano do inconveniente dunha alianza coa Coroa de Castela e, por contra, das virtudes dunha alianza co reino francés. A cerimonia da voda con Filipe o Fermoso celebrouse o 12 de novembro de 1496 en Liexa

O ambiente da corte que encontrou Xoana chocaba radicalmente co que existía na castelá. A sobria, relixiosa e familiar corte castelá contrastaba coa festiva, desinhibida e individualista corte borgoñoa-flamenga.

Aínda que non se coñecían, os príncipes namoráronse tolamente. Porén, logo Filipe perdeu o interese na relación, polo que naceu en Xoana unha certa patoloxía, axexando e velando arreo a seu esposo. Malia o avanzado estado de xestación do seu segundo embarazo, do que nacería o infante Carlos, o 24 de febreiro do 1500, asistiría a unha festa no pazo de Gante. Aquel mesmo día tivo o seu fillo, disque nado nos lavabos do pazo.

Descendencia

editar
 
Os 6 fillos de Filipe e Xoana de Jan van Nieulandt, 1521-1526.

. Do matrimonio con Filipe naceron:

Raíña da Coroa de Castela

editar
 
Escudo de Xoana I e Carlos I, 1504-1555.

En 1497 foi nomeada princesa de Asturias, pola morte do seu irmán o infante Xoán de Aragón, pasando por diante da súa irmá máis vella Isabel de Aragón, a cal polo seu casamento co rei Manuel I de Portugal facía temer aos Reis Católicos a posíbel unión dos seus reinos baixo dominio portugués. Tras a morte de Isabel de Aragón no 1498, así como do fillo desta, o infante Miguel da Paz, en 1500, Xoana converteuse en herdeira plena da Coroa de Castela.

Cando no 1503 o seu marido, Filipe, decidiu viaxar para atender asuntos, parece que se agravou o seu estado mental. Decidiu, porén, partir para Castela e morar ao lado dos seus pais, especialmente a petición da súa nai, que estaba preocupada pola súa saúde, pois estaba entón grávida por cuarta vez, deixando en Bruxelas aos seus tres fillos pequenos.

Morta Isabel a Católica o 26 de novembro de 1504, aparecía o problema da sucesión na Coroa de Castela. Pola Concordia de Salamanca (1505) acordouse o goberno conxunto de Filipe o Fermoso, Fernando o Católico e máis a propia Xoana. As malas relacións entre Filipe, a quen apoiaba a nobreza castelá, e o seu sogro, Fernando, levaron a que este último renunciase a exercer o poder na Coroa de Castela (Concordia de Villafáfila de 1506) e evitar un posíbel enfrontamento armado. Fernando o Católico centrouse nos asuntos da súa propia coroa.

Morte de Filipe o Fermoso

editar
 
Dona Xoana a Tola (1877), de Francisco Pradilla y Ortiz. Museo do Prado (Madrid)

O 25 de setembro de 1507 morreu Filipe o Fermoso, en medio de rumores de envelenamento, e aínda acrecentaron tamén rumores sobre o estado de tolemia de Xoana. Desde Burgos, onde faleceu Filipe, trasladaron o seu cadáver a Granada para sepultalo alí, viaxando sempre de noite, coa raíña Xoana sen separarse en ningún momento do cadaleito. Desde esa altura Xoana non quixo mudar a roupa, nin lavarse. O seu pai decidiu recluíla en Tordesillas, no mes de xaneiro do ano 1509, iniciando o rei aragonés a rexencia de Castela ata o ano 1516.

Derradeiros anos

editar

No 1516, coa morte de Fernando o Católico, o fillo máis vello de Xoana, o príncipe Carlos I de España recibiu os títulos das coroas de Castela e Aragón, de xeito que Xoana de Castela non sucedeu nunca ao seu pai en Aragón. Á morte de Fernando, en tanto o príncipe Carlos non chegou a Castela, o Cardeal Cisneros exerceu a rexencia deste coroa. Cabe engadir que Xoana nunca foi declarada incapaz polas Cortes castelás, e endexamais se lle retirou o título de raíña. Mentres ela viviu, nos documentos oficiais debía figurar en primeiro lugar o nome da raíña Xoana.

Durante a Guerra das Comunidades de Castela, os partidarios da revolta intentaron gañar o apoio da raíña confinada en Tordesillas. Nesa cidade castelá pasou Xoana o resto da súa vida, até falecer o 12 de abril de 1555, despois de 46 anos de reclusión forzosa e sempre vestida de negro.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Xoana I de Castela
Nacemento: 6 de novembro 1479 Falecemento: 12 de abril 1555


Títulos Reais
Precedido por
Isabel "a Católica"


Raíña de Castela, Toledo, Galiza, León,
Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén, Alxeciras, e Granada

1504–1555
xunto con Filipe I (1504–1506)
Carlos I (1516–1555)
Sucedido  por
Carlos I de España
Precedido por
Fernando II de Aragón


Raíña de Aragon, Sicilia, Valencia, Mallorca, Nápoles; Condesa de Barcelona
1516–1555
xunto con Carlos I de España (1516–1555)
Outros títulos Nobiliarios
Vacante
O último posuidor do título foi
Isabel de Borbón


Duquesa consorte de Brabante, Limburg e Lothier,
Duquesa consorte de Luxemburgo, Marquesa consorte de Namur, Condesa consorte de Artois e Flandres,
Condesa consorte de Charolais,
Condesa consorte de Hainaut, Holanda e Zeeland,
Condesa consorte de Borgoña

20 de outubro de 1496 – 25 de setembro de 1506
Sucedido  por
Isabel de Portugal
Vacante
O último posuidor do título foi
Miguel da Paz


Princesa de Asturias
1502–1504
Sucedido  por
Arquiduque Carlos
Títulos que reclamou


Vacante
O último posuidor do título foi
Isabel de Borbón
— TITULAR —
Duquesa consorte de Borgoña
20 de outubro de 1496 – 25 de setembro de 1506
Sucedido  por
Isabel de Portugal