Peter Paul Rubens
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2022) |
Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices.[1] Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus.[2] Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea.[3] Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid.[4] Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.[5]
Peter Paul Rubens | |
---|---|
![]() autorretrato | |
Nacemento | 28 de xuño de 1577 |
Siegen | |
Falecemento | 30 de maio de 1640 |
Antuerpen | |
Nacionalidade | Países Baixos españois e Países Baixos |
Cónxuxe(s) | Isabella Brandt e Helena Fourment |
Fillos | Albert Rubens (1614-1657), Nicolaas Rubens, Lord of Rameyen e Peter Paul Rubens III |
Eido | pintura, gravado, debuxo. |
Movemento | Barroco |
Influenciado por | Leonardo da Vinci, Tiziano, Miguel Anxo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real.[6] Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.
Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura",[7] alcume co que é citado en ocasións.
Contexto históricoEditar
No século XVI, Antuerpen, a capital de Flandres, era un gran centro de negocios grazas ó seu importante porto, a onde chegaban mercancías de diversos países e no que operaban comerciantes xenoveses, venecianos, portugueses e españois, entre outros.
A pintura en Antuerpen seguiu as novas tendencias do Renacemento grazas ás achegas chegadas de Italia, que se estenderon por tódolos Países Baixos. Durero, na súa viaxe por estas terras no ano 1520, coñeceu ó pintor Quentin Metsys, a Joachim Patinir e ó gravador Lucas van Leyden. A arte flamenga deixouse influír polo manierismo e logo polo naturalismo, que se fusionaron coa súa propia tradición. Coa chegada de Pieter Brueghel o Vello, a arte flamenga tomou un rumbo máis forte, referencia dende a que Rubens construíu unha expresión pictórica totalmente innovadora, que conduciría á xenialidade do barroco.
Os Países Baixos estaban baixo o dominio español, polo matrimonio de Filipe o Fermoso con Xoana I de Castela e máis tarde polos seus herdeiros, Carlos V e, despois da súa abdicación en 1555, por Filipe II. Nin o pobo nin parte da aristocracia con Guillerme de Orange á fronte, soportaban a ditadura de Filipe II, feito que levou a que o 15 de abril de 1566 presentaran á gobernadora xeral Margarida de Parma, media irmá de Filipe II, unha petición coñecida como o "Compromiso de Breda ou "Compromiso dos Nobres", cuxo obxectivo era a supresión da Inquisición e a restauración de liberdades. Os calvinistas, en particular, destruíron igrexas, profanaron imaxes (Beeldenstorm) e incendiaron vilas. Margarida de Parma pediu axuda ó Rei Filipe II de España, que enviou ó III duque de Alba, Fernando Álvarez de Toledo e Pimentel, que tras unhas batallas e represións feroces, fixo volver a paz, e os calvinistas fuxiron a Alemaña.
Dez das Dezasete Provincias dos Países Baixos permaneceron baixo o dominio do Rei de España, ata que en 1714, polo Tratado de Utrecht, foron cedidas a Austria. A causa do enfoque artístico non iconoclasta dos católicos, os seus artistas traballaron e atoparon ós seus mecenas entre a monarquía e a realeza española, que influíron nas obras que realizaron especialmente de temas relixiosos e de batallas, así como retratos. A escola flamenga de pintura adquiriu unha forte consolidación: no sur dos Países Baixos, a Igrexa católica potenciou as maiores representacións do seu triunfo como relixión e este triunfo tivo ó seu maior intérprete en Rubens, que foi un arraigado crente católico.[8]
TraxectoriaEditar
Primeiros anosEditar
Peter Paul Rubens naceu en Siegen, Westfalia, (Alemaña), no seo dunha familia calvinista flamenga que en 1568 fuxira de Antuerpen a Colonia (Renania do Norte-Westfalia) por mor das revoltas e persecucións relixiosas. O seu pai, avogado, foi Jan Rubens, mentres que a súa nai foi Maria Pypelincks. Nesta cidade, o ex-maxistrado Jan Rubens foi nomeado asesor xurídico da segunda esposa de Guillerme de Orange, Ana de Saxonia, da que se converteu tamén en amante.
Despois de dous ou tres anos o marido descubriu o adulterio e Jan Rubens foi encarcerado no castelo de Dillenburg, sendo posto en liberdade tras dous anos de cativerio, co pago dunha fianza e a imposición de residir en Siegen, unha pequena poboación a oitenta quilómetros de Colonia. Foi alí onde, tras ser perdoado pola súa esposa, tiveron ó seu sexto fillo, Peter Paul. En 1578, trala morte da princesa Ana de Saxonia, permitíuselle volver residir en Colonia, onde posiblemente, Peter Paul Rubens iniciou a súa formación artística.[9]
En 1584, o Príncipe Guillerme, líder da revolta contra a Administración Hispana, no que se chamou Guerra dos oitenta anos, foi asasinado. Sucedeuno nas altas instancias flamengas un príncipe católico, fillo dun primeiro matrimonio de Guillerme, Filipe Guillerme de Orange-Nassau, (1554 - 1618), príncipe de Orange, quen fora retido en España durante moitos anos como unha especie de refén e formado na Universidade de Alcalá de Henares.
En 1589, dous anos despois da morte de Jan, a nai de Rubens, que se convertera ó catolicismo, regresou co seu fillo a Antuerpen, onde el proseguiu coa súa formación. Estudou latín, alemán, español e francés con Rombaut Verdonck, pero as penurias económicas da familia obrigárono a abandonar os estudos e entrou como paxe ó servizo da condesa Margaretha de Ligne-Arenberg, viúva de Filipe II de Lalaing, en Oudenaarde.[10] Non se sabe exactamente en que datas, pero crese que tivo dous mestres de pintura, Adam van Noort e Otto van Veen (Otto Vaenius),[11] aínda que non parece que deixasen unha influencia artística relevante no seu alumno.[12]
Non se sabe gran cousa sobre as primeiras obras do pintor realizadas en Antuerpen, aínda que hai constancia de que fixo copias de pinturas de Hans Holbein, de Alberto Durero e de Tobias Stimmer. O testamento da súa nai, María Pypelincks, dicía que legaba os seus retratos ós seus fillos pero que "todos os demais cadros, que son bonitos, pertencen a Peter, que os pintou".[13] Das súas obras de mocidade, existe unha dun home de medio corpo que ten na man dereita unha escuadra e un compás, e na man esquerda, suxeitado por unha cadea, outro instrumento sen identificar; coñéceselle con varios títulos: Retrato dun mozo sabio, O reloxeiro e O home de vinte e seis anos.[13] É unha pintura ó óleo sobre un ferro de cobre de pequeno formato e que se atopa nunha colección particular de Nova York; no seu dorso leva a inscrición "Petrus Paulus Rubens", e na parte dianteira está a data: "MDLXXXXVII", e a idade do modelo: "Aetatis XXVI".[13]
Rubens obtivo o grao de mestre na guilda de San Lucas.[14] Ademais, existe un certificado de "bos costumes e de boa saúde" que data do 8 de maio de 1600, que o artista pediu para poder realizar unha viaxe a Italia.[15]
Italia (1600-1608)Editar
A súa estadía en Italia entre 1600 e 1608 serviulle para coñecer a escultura antiga e a obra dalgúns dos máis importantes pintores do século XVI. A pintura de Rubens representa os ideais contrarreformistas e está ó servizo da política dos Habsburgo. As súas composicións caracterízanse pola súa complexidade, polo cromatismo cálido e vibrante, as potentes anatomías, o dinamismo e enerxía que chega mesmo ó violento. A partir de 1617 un obradoiro con numerosos empregados permítelle cumprir os encargos de amplas series. Os seus últimos anos, aproximadamente a partir de 1635, defínense pola súa técnica descontinua, pola unificación tonal e o debuxo diluído, á vez que pola súa sensibilidade pola vida do campo, a alegría vital dos espidos mitolóxicos e a emoción das súas obras relixiosas.
NotasEditar
- ↑ "Rubens e os tapices da historia de Aquiles". El Cultural. 18 de decembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2013. Consultado o 3 de xaneiro de 2013.
- ↑ Vergara, Alejandro (2010). "Rubens". Museo do Prado. Consultado o 1 de setembro de 2011.
- ↑ Historia Universal del Arte, Volumen XII (1984)
- ↑ Historia del Arte Espasa (2004) p.799
- ↑ Sánchez, Camilo (20 de decembro de 2010). "O Prado leva Rubens á Rede". El País. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Rubens". Museo do Prado. Consultado o 1 de febreiro de 2013.
- ↑ Éditions Larousse (ed.). "Petrus Paulus Rubens". Encyclopédie en ligne Larousse (en francés). Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ Micheletti, Emma (1966) p.6
- ↑ (Cabanne 1967, pp. 16 — 18)
- ↑ Belkin (1998): 11–18.
- ↑ Held (1983): 14-35.
- ↑ Micheletti, Emma (1966) pp. 6-7
- ↑ 13,0 13,1 13,2 (Cabanne 1967, pp. 32 — 33)
- ↑ Belkin (1998): 22–38.
- ↑ (Cabanne 1967, p. 34)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peter Paul Rubens |
BibliografíaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |