Utrecht (en neerlandés [ˈytrɛxt] (AFI)) é unha cidade dos Países Baixos, capital e cidade máis grande da provincia homónima. Localizada no límite nordeste do Randstad, é a cuarta cidade máis poboada do país, con 299.484 habitantes. A aglomeración urbana máis pequena da cidade, que inclúe suburbios adxacentes e cidades anexas, suma 640.000 habitantes rexistrados, mentres que a rexión máis ampla acada os 820.000.[1]

Modelo:Xeografía políticaUtrecht
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°05′27″N 5°07′18″L / 52.0908, 5.1217
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasUtrecht Editar o valor en Wikidata
Capital de
Utrecht
Q111691938 Traducir (1917–valor descoñecido)
Q111748309 Traducir (1917–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
De Meern (en) Traducir
Haarzuilens (en) Traducir
Ockhuizen (pt) Traducir
Stadsdam (en) Traducir
Themaat (pt) Traducir
Utrecht (en) Traducir
Vleuten (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación359.370 (2021) Editar o valor en Wikidata (3.618,3 hab./km²)
Número de fogares172.749 (2015) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie99,32 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMerwede canal (en) Traducir, Leidse Rijn (en) Traducir, Drift (en) Traducir, Oudegracht (en) Traducir, Minstroom (en) Traducir, Vecht (en) Traducir, Plompetorengracht (en) Traducir, Vaartse Rijn (en) Traducir, Zwarte Water, Utrecht (en) Traducir, Vleutense Wetering (en) Traducir, Kruisvaart (en) Traducir, Biltsche Grift (en) Traducir, Stadsbuitengracht (en) Traducir, Kromme Nieuwegracht (pt) Traducir, Nieuwegracht (en) Traducir, Kromme Rijn (en) Traducir e Amsterdam–Rhine Canal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivocollege van burgemeester en wethouders of Utrecht (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataSharon Dijksma (2020–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal3450–3455, 3546 e 3500–3585 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico030 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSNL310 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webutrecht.nl Editar o valor en Wikidata
Facebook: GemeenteUtrecht Twitter: Gemeenteutrecht Instagram: gemeenteutrecht LinkedIn: gemeente-utrecht Youtube: UCqiIU1WBubDYC-QpX8bCcBA BNE: XX454007 Editar o valor en Wikidata

A zona antiga de Utrecht ofrece numerosos edificios e estruturas das súas orixes en diante. Ademais ten sido o centro relixioso dos Países Baixos dende o século XVIII, e actualmente é a sede do Arcebispado de Utrecht, o máis importante líder da Igrexa católica nos Países Baixos.[2] Utrecht é tamén sede dun arcebispo da Igrexa Veterocatólica dos Países Baixos, e ademais na cidade atópanse das oficinas centrais da Igrexa Protestante nos Países Baixos.

Durante a idade de ouro Utrecht foi a cidade máis importante do norte dos Países Baixos (o actual país, excluíndo Bélxica e Luxemburgo), até Ámsterdam converterse no centro cultural e demográfico.

A cidade é ademais anfitrioa da Universidade de Utrecht, a máis grande dos Países Baixos, así como de varios importantes institutos de educación superior. Debido á súa posición central no país é un importante eixo de transporte, tanto por ferrocarril como por estrada. Ademais, a cidade alberga o segundo maior número de eventos culturais do país despois de Ámsterdam.[3]

Hai dúas localidades homónimas relativamente importantes, unha en Suráfrica e outra en Suriname, ambas como consecuencia da presenza neerlandesa en ambos países.

Historia

editar

En 1713 asinouse na cidade o Tratado de Utrecht, os acordos que finalizaban a Guerra de Sucesión Española.

En 1843 inaugurouse a liña de tren que a unía con Ámsterdam. Utrecht pasou a ser a partir de entón o centro da rede ferroviaria holandesa. Alberga as oficinas centrais da compañía nacional de ferrocarril (Nederlandse Spoorwegen).

Paisaxe urbana

editar
 
Oudegracht, a "vella canle" no centro de Utrecht
 
Vista da canle dende a Torre Dom

Unha das mostras máis características da paisaxe urbana de Utrecht é a Torre Dom, pertencente á antiga catedral, a de San Martiño.[4] Ningún edificio da cidade supera os 112 metros de altura da Torre, porén, algúns edificios especialmente altos estanse a construír hoxe en día, de xeito que pasarán a formar parte da silueta da cidade. O segundo edificio máis alto da cidade, o 'Rabobanktoren', completouse en 2010 e eríxese a 105 m de altura, con dúas antenas que o elevan aos 120 m de altura.

Outros dous grandes edificios se alzan ao redor do Estadio Nieuw Galgenwaard, o Kantoortoren Galghenwert e o Apollo Residence, rematados en 2007 de 85,5 e 64,5 metros de altura respectivamente. Por último, hai certa controversia debido a plans para un rañaceos de 262 metros de altura no recentemente construído barrio de Leidsche Rijn: o Belle van Zuylen. Debido a que a localización se considera o suficientemente lonxe do centro da cidade, este proxecto non se considera que viole o acordo de non exceder a altura da torre Dom.

Economía

editar
 
Edificio De Inktpot, sede de ProRail

A economía de Utrecht depende en gran medida das grandes institucións da cidade. Porén, a industria da produción ten unha influencia relativamente pequena na cidade. Unha das principais institucións da cidade é Rabobank, un banco de carácter multinacional.

En Utrecht, o centro da rede ferroviaria neerlandesa, está situada a Nederlandse Spoorwegen, a empresa pública de ferrocarrís dos Países Baixos. A súa antiga oficina central era De Inktpot, o edificio de ladrillo máis grande do país. Actualmente está ocupado por ProRail, a compañía ferroviaria encargada do mantemento e ampliación da infraestrutura ferroviaria do país. Trátase dunha excisión de NS, debido á normativa europea que obriga a separar a xestión das infraestruturas das compañías encargadas das vendas.

Un gran centro comercial cuberto, Hoog Catharijne, atópase entre a estación central de tren e o centro da cidade. Os corredores foron considerados públicos, como se fosen rúas. É a principal ruta dende a estación até o centro, polo está aberto ás 24 horas. Até 2024 partes de Hoog Catharijne van desaparecer como consecuencia da renovación da estación.[5] Na beira oeste da estación central tamén se atopa o Jaarbeurs, un dos maiores centros de convencións dos Países Baixos.

No distrito de Voordorp atópase un dos maiores mercados de automóbiles usados, aberto tódolos martes agás en días festivos oficiais. Trátase dun punto de especial interese para clientes dos países de Europa oriental, que mesmo organizan viaxes en autobuses para ir mercar alí.

Educación

editar
 
Vista do campus de Uithof da Universidade de Utrecht

Utrecht é coñecida polas súas institucións de educación superior. A máis prominente delas é a Universidade de Utrecht (fundada en 1636), a máis grande dos Países Baixos con 26.787 estudantes (2004). Está situada no centro da cidade e no campus de Uithof, na zona leste. De acordo coa listaxe da Universidade de Xangai Jiaotong de 2007 é a 42ª mellor universidade do mundo.[6] Utrecht alberga tamén a Universidade de Humanidades.

Utrecht é sede dunha das localizacións da Escola de Negocios TiasNimbas, centrada na experiencia posterior á educación. É a escola de xestión máis grande do seu tipo do país. En 2007 o seu MBA (mestrado en Administración de Negocios) foi cualificado como o 11º mellor do mundo no Financial Times.[7]

Utrecht é tamén o fogar doutras dúas grandes institucións de educación superior: a Universidade de Educación Profesional (Hogeschool Utrecht), situada ao redor de toda a cidade e no campos Uithof, e a Escola de Artes.

Hai moitas escolas de educación primaria e secundaria que permiten diferentes filosofías e relixións, trazo inherente ao sistema escolar neerlandés. Existe certa preocupación pola segregación nas escolas primarias, un problema común en moitas grandes cidades no país debido a que algunhas familias desexan enviar os seus fillos a escolas en que a maioría do alumnado sexa nacido no país. Isto supón que haxa escolas cunha gran proporción de nenos inmigrantes que atraen cada vez menos aos nenos neerlandeses.

Cidades irmandadas

editar

Utrecht está irmandada con:

  1. Gemiddelde bevolking per regio naar leeftijd en geslacht[Ligazón morta] (en neerlandés)
  2. in Dutch Katholiek Nederland (en neerlandés)
  3. Utrecht Monitor 2007 Arquivado 06 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  4. RonDom
  5. Stationsgebied[Ligazón morta] (en neerlandés)
  6. ARWU. "ARWU2007-Top 500 World Universities". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2007. Consultado o 28 de abril de 2009. 
  7. Financial Times. "FT.com". Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2008. Consultado o 28 de abril de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar