As tres Grazas (Rubens)

pintura de Peter Paul Rubens

As tres Grazas é un cadro do pintor barroco Peter Paul Rubens, exposto no Museo do Prado de Madrid, España. Está pintado ó óleo e mide 221 cm de alto por 181 cm de ancho.

As tres Grazas
ArtistaPeter Paul Rubens
Data1636-1639
Técnicaóleo
Dimensións221 cm × 181 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Análise do cadro editar

Como noutros cadros de tema mitolóxico, Rubens expón de xeito moi distinto ó dos artistas que o precederon. Esta obra do chamado príncipe dos pintores flamengos é a antítese da obra anterior de Rafael Sanzio As Grazas, caracterizada por un sentimento xeral de castidade. Representan ás fillas de Zeus e poden citarse como tipo de beleza ideal aínda que poden corresponder á beleza máis sensual. Aglaia, Talía e Eufrósine non foron para Rubens máis que unha escusa para pintar tres academias femininas, reprodución das exuberantes formas das súas habituais modelos.

A composición respecta o modelo clásico que representa ás Grazas completamente espidas e reunidas, pero cambia a relación entre as tres figuras que están conectadas entre si a través dos brazos, o veo transparente que as cobre, e as súas miradas, é dicir, psicoloxicamente, dando así nova unidade ó grupo. A disposición das Grazas forma un triángulo, estando a do medio de costas, coa cabeza volta e apoiada nas súas compañeiras.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cirlot, L. (dir.), Museo del Prado I, Col. «Museos del Mundo», Tomo 6, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3809-3, páx. 185

Ligazóns externas editar