República de Venecia

antigo estado europeo (697–1797)

A Serenísima República de Venecia foi unha cidade-estado do norte de Italia, xunto ao mar Adriático, atopada en torno á cidade de Venecia. A república existiu como tal dende o século IX ata 1797. Tamén recibe o nome de Serenissima Repubblica di San Marco, xa que San Marcos é o seu santo patrono.

Modelo:Xeografía políticaRepública de Venecia
Serenissima Repubblica di Venezia (it)
Serenìsima Repùblega de Venèsia (vec) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°N 10°L / 50, 10
CapitalEraclea (pt) Traducir (697–742)
Malamocco (pt) Traducir (742–810)
Venecia (810–1797) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.500.000 Editar o valor en Wikidata
Lingua oficialLingua véneta
lingua latina Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación697 Editar o valor en Wikidata
Disolución12 de maio de 1797 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porFrench occupation of the Republic of Venice (en) Traducir e Provisional Municipality of Venice (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónMarcos o Evanxelista Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
Oligarquía Editar o valor en Wikidata
• Xefe de estadoDogo de Venecia Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoMaggior Consiglio (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Moedalira veneciana Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Orixes

editar

Tense como data da fundación de Venecia o ano 421, no cal os habitantes da rexión, ante a ameaza das invasións longobardas e hunas que destruíran a capital, Aquilea, refuxiáronse nas marismas da desembocadura do Po, na lagoa situada no golfo, entre a Península Itálica e a balcánica, chamado máis tarde precisamente golfo de Venecia. As construcións desta época eran simples edificacións lacustres, erixidas sobre palafitas. Debido a esta estratéxica característica xeográfica, Venecia tivo dende entón unha grande independencia respecto dos seus dominadores.

Dependencia do Imperio Bizantino

editar

Cando o xeneral Belisario conquistou para o Imperio Bizantino gran parte de Italia no século VI, Venecia pasou a formar parte do dominio de devandito imperio, dependendo administrativamente da cidade de Rávena, sede do poder imperial na Península Itálica. O exarcado de Rávena estaba dividido en ducados, e o ducado de Venecia era un deles.

Independencia e expansión

editar

A cidade de Venecia obtivo a súa independencia no século IX. Cabe destacar que nin obedecía ao emperador bizantino, nin formaba parte do Sacro Imperio. Na Alta Idade Media, Venecia expandiuse grazas ao control do comercio con Oriente e aos beneficios que isto supuña, expandíndose polo mar Adriático. A súa frota, foi determinante para o saqueo de Constantinopla na Cuarta Cruzada en 1204. A debilidade do Imperio Bizantino permitiulle anexionarse Creta e Eubea. Máis tarde, en 1489, conquistou o estado cruzado de Chipre. En 1416 derrotou aos turcos en Gallipoli

O apoxeo de Venecia acadou o seu cénit na primeira metade do século XV ao comezaren os venecianos a súa expansión por Italia, como resposta ao ameazador avance de Gian Galeazzo Visconti, duque de Milán. Sobre 1410, Venecia controlaba a maior parte do Véneto, incluíndo cidades como Verona, Padua e Udine e máis tarde Brescia e Bérgamo. O mar Adriático converteuse no "mare veneziano", dende Corfú ata o río Po.

Decadencia e fin

editar
 
Venecia por Canaletto, 1738-40.

A toma de Constantinopla polos turcos en 1453 marcou o principio da decadencia. O descubrimento de América desprazou as correntes comerciais e Venecia viuse obrigada a soster unha loita esgotadora contra os turcos. A expansión en Italia enfrontoulles co Papa polo control da Romaña. Para contrarrestar á República de Venecia, o Papa reuniu á Liga de Cambrai en 1508. Nela atopábanse Lois XII de Francia, o emperador Maximiliano I de Austria, e Fernando II de Aragón, o Católico. Como consecuencia, Venecia sufriu importantes perdas territoriais.

Por esa época, a expansión do Imperio Otomán nos Balcáns comezou a preocupar aos venecianos. En 1570, Chipre sufriu a invasión turca, e un ano despois os venecianos abandonaban a illa. Tras un longo conflito, abandonouse tamén Creta. A alianza das frotas italiana, papal e española, aínda que venceu na batalla de Lepanto, non logrou recuperar estes territorios.

No século XVII a decadencia confírmase cando os turcos conquistan Candia tras un asedio de 25 anos.

Cara ao século XVIII, a Serenísima República non era máis que unha pálida sombra do que foi, a pesar do cal seguía dominando o litoral adriático e as Illas Xónicas. En 1797, foi invadida polas tropas do Xeneral Napoleon Bonaparte, a sinatura do tratado de Campoformio, repartiuse o territorio da República entre Francia e Austria.

En 1866 o Véneto e Venecia incorporáronse a Italia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • A conspiración veneciana, por Webster G. Tarpley, Conferencia exposta no ICLC de Wiesbaden, Alemaña, 1981, publicada na revista Campaigner en setembro de 1981.