Batalla de Lepanto
A batalla de Lepanto tivo lugar no golfo de Lepanto (Corinto) o 7 de outubro de 1571, e enfrontou unha frota cristiá cunha turca otomá.
Batalla de Lepanto | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Invasión otomá en Europa | |||||||
![]() A batalla de Lepanto por Paolo Veronese | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
![]()
|
![]() | ||||||
Líderes | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() | ||||||
Forzas en combate | |||||||
206 galeras 11 galeazas 102 fragatas |
220–230 galeras 50–60 galeotas e fustas | ||||||
Baixas | |||||||
7 600 baixas, 12 galeras | 30 000 baixas, 190 naves, 12 000 cativos cristiáns liberados |
CombatentesEditar
O bando da Santa Liga (frota cristiá), incluía tropas de España, a Santa Sé, Xénova e sobre todo a República de Venecia (con máis de 90 % das naves). Estaban baixo as ordes de Xoán de Austria, irmán de Filipe II, e recente vencedor da revolta das Alpuxarras.
A frota musulmá, baixo o mando de Alí Pachá, contaba entre as súas filas con miles de galeotes cristiáns que segundo ían entrando en combate rebelábanse contra os oficiais turcos.
A vitoria esmagadora da Santa Liga propiciou máis seguridade no mar Mediterráneo. Tanto os ataques piratas como o expansionismo turco foron freados.
Foi a derradeira batalla importante coa galera como nave de guerra.
Personaxes notablesEditar
- Álvaro de Bazán.
- Luís de Requesens.
- Juan de Cardona.
- Agostino Barbarigo.
- Marco Antonio Colonna.
- Juan Andrea Doria.
- Alejandro Farnesio.
- Xoán de Austria.
- Miguel de Cervantes (alcumado «o manco de Lepanto» porque nesta batalla perdeu un brazo).
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |