As Illas Xónicas (grego: Iónioi Nísoi) son un arquipélago de Grecia que se atopa fronte ás costas noroccidentais da Grecia continental e peninsular, sobre o Mar Xónico. Tradicionalmente chámaselles as Sete Illas (Heptonesos, Heptanisia ou Eptanisia), aínda que o grupo inclúe moitas illas máis pequenas ademais das sete principais.

Modelo:Xeografía políticaIllas Xónicas
Ιόνια Νήσια (el) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°48′N 20°42′L / 37.8, 20.7Coordenadas: 37°48′N 20°42′L / 37.8, 20.7
EstadoGrecia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación204.562 (2018) Editar o valor em Wikidata (88,67 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.307 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Xónico Editar o valor em Wikidata
Altitude1.628 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Ainos (pt) Traducir (1.628 m) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webpin.gov.gr Editar o valor em Wikidata

Atópanse entre os paralelos 39º54'16" e 37º36'29" de latitude norte. A extensión total do arquipélago é de 2.307 km². A maior altitude de todo o conxunto insular en cuestión é o Aínos Ouros (1.628 m) situado na zona meridional da illa Cefalonia. O principal centro urbano das Illas Xónicas é a cidade de Corfú.

As illas Xónicas.

As principais illas son de norte a sur: Corfú, Paxoi, Leucas (Leucas, Leucada ou Santa Maura), Ítaca (mencionada na Odisea), Cefalonia (Kefalonia) e Zante, adóitase contar entre as Illas Xónicas a Citerea (Kythira) e ás súas pequenas illas satélites: Antikythira e Elafonissos aínda que o grupo de Citerea atópase bastante distante, ao sur do Peloponeso.

Deste xeito as Illas Xónicas fóra de Citerea forman unha das rexións administrativas gregas chamadas "Periferias" (Periféreies -"Περιφερειες"-).

Fisiografía editar

O arquipélago consta de illas eslabonadas case paralelas á costa meridional da Península dos Balcáns, ao ser parte dunha cordilleira, as illas son de relevo moi accidentado coas costas xeralmente moi abruptas así como repletas de baías e cabos. A flora típica é a garriga mediterránea, predominando os cipreses, oliveiras, mirtos, loureiro e vide. Os únicos cursos de auga superficial son pequenos regatos de moi escaso caudal que se adoitan manter secos durante o estío.

Clima editar

O clima é o mediterráneo, aínda que nas Illas Xónicas existe un microclima dado pola forte influencia do mar e pola alternancia dos ventos cálidos provenientes de África cos fríos (vento Bóreas) procedentes do cuadrante nordés. Deste xeito o arquipélago ten un clima máis húmido que o doutras costas mediterráneas e, a pesar dos ventos fríos, un clima cálido que reforza características subtropicais.

Fauna editar

Na actualidade case a totalidade da fauna maior é doméstica, aínda que nas praias de Zante se poden atopar grandes tartarugas mariñas da especie Caretta caretta, que chegan a medir un metro e medio de lonxitude.

Historia editar

As illas foron colonizadas polos gregos, posiblemente xa en 1200 aC, e seguramente no século 9 aC. As illas foron na súa maioría un remanso na antigüidade grega e ocuparon un lugar irrelevante na política grega. A única excepción foi o conflito entre Kerkyra e a súa Cidade-nai Corinto no 434 a. C., que trouxo a intervención de Atenas e provocou a Guerra do Peloponeso.

Ítaca era o nome da illa fogar de Ulises no poema épico grego antigo A Odisea de Homero. Fixéronse intentos para identificar a Ítaca poética coa illa de Ítaca, pero a xeografía da illa real non se adapta á descrición de Homero.

Dominación romana e bizantina editar

No século IV a.C. a maioría das illas son absorbidas polo imperio de Macedonia. Algunhas permaneceron baixo o control do reino de Macedonia ata o 146 a.C., cando a península grega foi anexionada por Roma. Logo de 400 anos de pacífica dominación romana as illas pasaron ao Imperio Romano de Oriente, e formaron parte do imperio bizantino outros 900 anos, ata a destrución de Constantinopla durante a IV Cruzada en 1204.

Cando os aliados da Cuarta Cruzada -os gobernantes franceses do Imperio Latino con sede en Constantinopla e os venecianos, que competian cos bizantinos polo control do comercio no Mediterráneo- dividiron o botín dos territorios bizantinos entre eles, os venecianos adquiriron Kerkyra, Paxi, e tamén Kythera, que utilizaron como bases para o seu comercio marítimo co Levante. Cefalonia e Zante converteronse no Condado Palatino de Cefalonia e Zante ata 1357, cando esta entidade fusionouse con Lefkada e Ítaca para converterse no Ducado de Leucadia baixo ducados franceses e italianos. Cando os gregos volveron tomar Constantinopla en 1261, liberraron brevemente algunhas das illas, pero os venecianos aumentaron gradualmente o seu control.

Dominio veneciano editar

 
Gazeta veneciana emitida para as Illas Xónicas. Lenda R/: CORF / CEFAL / ZAN (Corfú, Cefalonia, Zante).

A partir de 1204 a República de Venecia controlou Corfú e aos poucos todas as illas Xónicas, caeron baixo dominio veneciano. No século 15, o Imperio Otomán ocupou a maior parte de Grecia, pero as illas mantíveronse cristiás grazas aos venecianos. Zakynthos pasou definitivamente a Venecia en 1482, Cefalonia e Itaca en 1483, Lefkada en 1502. Kythera foi veneciana desde 1393.

As illas converteronse así na única parte do mundo de fala grega en escapar da dominación otomá, o que lles deu unha unidade e unha importancia na historia grega que doutro xeito non terian. Corfú é a única illa grega, que nunca foi conquistada polos turcos.

Baixo o dominio veneciano, moitas das clases altas falaban italiano (ou Veneciano, nalgúns casos) e convértense ao catolicismo romano, pero a maioría de xente seguiu sendo grega étnica, lingüística e relixiosamente.

No século 18, empezou a xurdir o movemento de independencia nacional grego, e o estatuto das illas Xónicas, fixo de base natural para os intelectuais gregos exiliados, loitadores pola liberdade e simpatizantes estranxeiros.

Época napoleónica editar

 
Gazeta da República das Sete Illas (1801)

En 1797 Napoleón Bonaparte conquistou Venecia, e polo Tratado de Campo Formio os insulares atopáronse baixo dominio francés, organízanse as illas como Departamentos Mer-Égée, ithaque e Corcyre. En 1798, o ruso Almirante Ushakov expulsou os franceses, e estabeleceu a República das Sete Illas baixo protectorado ruso-otomá, foi a primeira vez que os gregos tiveron autogoberno limitado desde a caída de Constantinopla en 1453. Con todo, en 1807 se cederon de novo aos franceses que as anexionaron directamente ao Imperio Francés.

Goberno británico editar

 
Bandeira das Illas Xónicas Británicas.
 
Óbolo xónico (1819) da época dos Estados Unidos das Illas Xónicas

En 1809, os británicos derrotaron á frota francesa en Zakynthos (2 de outubro de 1809) capturando Cefalonia, Zante e Citera, e tomaron Lefkada, en 1810. Os franceses mantivéronse en Kerkyra ata 1814. O Tratado de París, en 1815 converteu as illas nos "Estados Unidos das Illas Xónicas" baixo a protección británica (5 de novembro de 1815). En xaneiro de 1817, os británicos concederon ás illas unha nova constitución. Os insulares elixiron unha Asemblea de 40 membros, que aconsellaba o Alto Comisionado Británico. Os británicos melloraron moito as comunicacións das illas, e introduciron a educación moderna e os sistemas de xustiza. Os insulares celebraron a maior parte destas reformas, e adoptaron o té da tarde, o crícket e outros pasatempos británicos.

Unha vez establecida a independencia grega logo de 1830, os insulares empezaron a rexeitar a dominación estranxeira e premeron a Enosis -unión con Grecia. O estadista británico William Gladstone percorreu as illas e recomendou que se cedesen a Grecia. O goberno británico resistiuse, xa que como os venecianos descubriron que as illas eran útiles bases navais. Tamén consideraban que o rei de Grecia de orixe alemá, Otto, era pouco amigable con Gran Bretaña. Pero en 1862, Otto foi deposto e coroouse un rei pro británico, Xurxo I de Grecia.

Goberno grego editar

En 1862 Gran Bretaña decidiu transferir as illas a Grecia, como un xesto de apoio destinado a reforzar a popularidade do novo rei. O 2 de maio de 1864, os británicos fóronse e as illas convertéronse en tres provincias do Reino de Grecia, aínda que Gran Bretaña conservou o uso do porto de Corfú.

Segunda guerra mundial editar

En 1941, cando as forzas do Eixo ocuparon Grecia, as Illas Xónicas (agás Kythera) foron entregadas aos italianos, que nos seus tres anos de goberno tratou de italianizar a poboación de Corfu. En 1943, os alemáns substitúen aos italianos. En 1944 a maioría das illas estaban baixo o control da EAM / ELAS movemento de resistencia, e seguiron sendo un bastión da esquerda desde entón.

O terremoto de 1953 editar

As illas foron afectadas por un terremoto de gran magnitude, magnitude 7´1, o 12 de agosto de 1953. Os danos nos edificios foron grandes e o sur das illas de Cefalonia e Zante foi practicamente arrasado. As illas foron reconstruídas desde cero ao longo dos anos seguintes, baixo un estrito código de construción. O código demostrou ser sumamente eficaz, desde entón moitos terremotos non causaron ningún dano aos novos edificios.

Economía editar

No 2005 o principal factor da economía nas Illas Xónicas é o turismo, séguenlle en importancia a industria naval, a pesca, e a produción de aceite de oliva e viños.

Demografía editar

A maior parte da poboación é de etnia grega, aínda que se radicaron moitas persoas procedentes doutras zonas de Europa (albaneses, rusos, croatas, italianos, ingleses, alemáns etc). O número de habitantes cara ao 2001 roldaba as 200.000 persoas, das que a maioría vive en Corfú.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar