Epopea
A epopea é unha forma literaria propia da antigüidade, composta en verso para ser recitada, a cal presenta un mundo mítico-heroico situado nun pasado ideal ou absoluto.
Características
editarA súa temática procede do mito e da lenda heroica, as súas figuras son como deuses contaminados de humanidade; primeiro existiron por fantasía popular. Presentan as seguintes características:
- O heroe será figura nacional mítica ou histórica.
- A historia tratará sobre fazañas heroicas.
- O estilo será elevado e solemne.
- A acción mesturará elementos e seres humanos e sobrenaturais.
- O narrador intentará ser obxectivo (sen comentarios nin valoracións).
Cun certo grao de acumulación preséntanse acumulativamente episodios sen estruturación lóxica; as figuras non están individualizadas, son tipos literarios cargados de temperamentos e cosmovisións distintas (reis, conselleiros, amigos, fieis vasalos, compañeiras, agoireiros,...) con características humanas esenciais á época (mínima caracterización psicolóxica) sen evolucionar, con capacidade de loita, pero predestinados a un final.
Estamos ante un espazo e un tempo concreto e coñecido: mundo da época con elementos reais e fantásticos, con perigos coñecidos e fenómenos inexplicables, aconteceres dun pasado con vixencia de presente.
O narrador preséntase, visible, como sobrio observador omnisciente e inxenuo, renunciando á reflexión, á ironía.