Padua

comuna italiana

Coordenadas: 45°25′N 11°52′L / 45.417, -11.867

A cidade de Padua[1] (en latín Patavium, en italiano Padova, en véneto Padoa) é o centro económico e de comunicacións da rexión do Véneto, no norte de Italia. É así mesmo a capital da provincia homónima, sobre o río Bacchiglione, a 40 km ao oeste de Venecia e a 29 km no sueste de Vicenza, cunha poboación de 211.985, en 2004.

Padua
Padova
Padoa
Padova-Stemma.svg
Padua - Prato della Valle.jpg
Localización
Padua en Italia
Padua
Padua
PaísItalia Italia
RexiónVéneto
ProvinciaProvincia de Padua
Xeografía
Altitude12 msnm
Superficie92,85 km²
Demografía
Poboación214.125 hab. (2013)
Densidade2.300 hab/km²
Outros datos
Código postal35100
AlcaldeIvo Rossi (PD)
Páxina oficial de Padua

A comuna de Padua esténdese por unha área de 92 km²2 e ten límites cos concellos de Abano Terme, Albignasego, Cadoneghe, Legnaro, Limena, Noventa Padovana, Ponte San Nicolò, Rubano, Saonara, Selvazzano Dentro, Vigodarzere, Vigonovo, Vigonza e Villafranca Padovana.

Padua é unha cidade cunha vinculación moi importante coa vida universitaria, dado que un terzo da súa poboación é estudante. A universidade, fundada en 1222, é unha das mes antigas de Europa e do mundo. Entre os seus profesores máis celebras destacan Galileo e William Harvey.

MonumentosEditar

En Padua hai moitos monumentos e lugares de interese artística. Entre eles destacan Prato della Valle, praza de época napoleónica coñecida pola súa amplitude, e a capela dos Scrovegni, polos frescos de Giotto, que constitúe unha das obras máis importantes deste pintor. Ademais, resultan agradables para unha visita: a Basílica de San Antonio, patrón da cidade; o Palazzo della Ragione, sede do Goberno da cidade na Idade Media, que separa a Piazza delle Erbe (praza das Herbas) da Piazza della Frutta (praza da Froita); a igrexa dos Eremitani; o Palazzo Moroni, actual localización da casa do concello e a catedral.

Xardín botánico (Orto Botanico), Padua
 
O xardín botánico de Padova hoxe; no fondo, a Basílica de Sant'Antonio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
TipoCultural
CriteriosII, III
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador824

UniversidadeEditar

Padua é famosa, tamén, pola súa universidade, unha das máis antigas de Europa e do mundo. Fundouse en 1222 e nas súas aulas ensinaron científicos tan célebres como Galileo ou William Harvey. Actualmente ten máis de 60.000 estudantes.

NotasEditar

  1. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1546. ISBN 9788482893600. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar