Zadar
Zadar (ital. Zara) é unha cidade croata na costa do mar Adriático. É capital do condado do mesmo nome.
Zadar | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | Croacia | ||
Capital | n/d | ||
• Poboación | n/d | ||
Linguas oficiais | n/d | ||
• Total | 146 km² | ||
• % auga | n/d | ||
• Total | 81868 hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
Fuso horario | UTC+01:00 | ||
HistoriaEditar
Idade AntigaEditar
Probablemente fundada polos Ilirios, a cidade no primeiro século é un municipio romano da provincia de Dalmacia. Coñecíase como Iader nesa época. Coa caída do Imperio Romano Occidental, a cidade convértese na capital da provincia bizantina de Dalmacia.
Idade MediaEditar
Na alta idade media a provincia é invadida polos croatas e a cidade rende obediencia ó rei croata Coloman, isto fai que a cidade se vexa metida nos conflitos entre eslavos e a República de Venecia, potencia dominante na zona. Durante a Cuarta Cruzada, a cidade foi asediada e saqueada polos exércitos financiados pola República de Venecia. En 1202 cruzados franceses e venecianos conquístana.
Idade ModernaEditar
Nos seguintes séculos a cidade é disputada por venecianos, maxiares húngaros e reis eslavos. .Finalmente serán os venecianos os que establezan en Zadar a defensa ó Adriático fronte á ameaza dos turcos otománs.
Idade ContemporáneaEditar
Cando en 1797 desaparece a República de Venecia, o seu territorio pasa a formar parte do Imperio Austríaco e despois do Imperio Austrohúngaro.
A cidade será a capital do Reino de Dalmacia. Polo Tratado de Rapallo de 1920, a cidade pasa a mans italianas. Na Segunda guerra mundial é tomada polos alemáns e é bombardeada 72 veces polos aliados.
DemografíaEditar
Ten unha poboación de 81.688 habitantes (2006), dos cales o 92,77% son de orixe croata (censo de 2001).
OutrosEditar
É arquidiócese católica e sé bispal ortodoxa. É tamén sede do Centro dos Estudos Galegos, na Universidade de Zadar.[1]
En 2005 abriuse ao público o Órgano do Mar, un xigantesco órgano de tubos instalado debaixo de grandes chanzos de mármore á beira do mar, que produce sons a través do vento e das ondas.[2]
ImaxesEditar
NotasEditar
- ↑ "Croacia - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2022-08-14.
- ↑ "Órgão gigante transforma o ritmo das ondas do mar em música". Pensamento Verde (en portugués). 2015-11-26. Consultado o 2022-11-27.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zadar |
- Xogos Mundiais Croatas - Zadar 2010 (Xogos deportivos e actividades culturais da diáspora croata qe se celebran cada catro anos)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |