Dundee
Coordenadas: 56°27′50″N 2°58′12″O / 56.464, -2.970
O burgo real de Dundee (en gaélico: Dùn Dèagh, en escocés Dundee) é a cuarta cidade por número de habitantes de Escocia, cun censo de poboación de aproximadamente 190.000 habitantes e é igualmente unha das 32 subdivisións escocesas. A cidade sitúase na costa leste, na parte norte da baía do río Tay, preto da súa desembocadura no mar do Norte.
Dundee | |||
---|---|---|---|
Dùn Dè Dundee | |||
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Nación constituínte | ![]() | ||
Concello | Glasgow | ||
Xeografía | |||
Superficie | 67 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 156,561 hab. (2012 | ||
Densidade | 3.298,0 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | DD1-DD5 | ||
Páxina Oficial |
HistoriaEditar
A cidade edificouse ao redor dun outeiro basático, chamado hoxe en día Dundee Law, de 174 m de altura. Durante a idade de ferro o lugar sobre o que actualmente asentase Dundee estivo ocupado por un asentamento picto. No seu History of the Scottish People (Historia do Pobo de Escocia), de 1527, Hector Boece suxeriu que o nome picto do lugar foi Alec-tum, que significa un lugar fermoso, nome que ata 1607, segundo William Camdem, foi utilizado xunto ao actual para referirse á cidade.
Desde 1975, a cidade é o centro administrativo da rexión de Tayside, e foi en si mesma administrada como un dos distritos da devandita rexión. Desde a abolición do sistema administrativo de dous niveis en Escocia no 1996, a cidade de Dundee, incorporando o burgo de Ferry, pasou a ser unha autoridade autónoma, converténdoa nunha das subdivisións gobernamentais locais máis pequenas de Escocia en termos de superficie.
Dundee celebrou o seu octoxésimo aniversario no 1991, e é coñecida como a Cidade do Discovery en honor ao RRS Discovery, a famosa nave de exploración antártica de Robert Falcon Scott, que foi construída na cidade.
O 5 de marzo de 2004, Dundee foi recoñecida como a Cidade do Comercio Xusto, o que significa o recoñecemento á cidade como promotora deste tipo de comercio.
CuriosidadeEditar
Dundee é a cidade escocesa máis soleada, con máis de 1.400 horas de sol de media ao ano.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dundee |
- Dundee City Council
- Dundee City Council Photo Archive
- Información de Dundee
- Universidade de Dundee
- Universidade de Abertay Dundee
- Dundee College
- Colección Dundonia Arquivado 22 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
- Dialecto de Dundee Arquivado 17 de maio de 2019 en Wayback Machine.
- Hoteles en Dundee
- RRS Discovery y los Verdant Works
- Fragata Unicorn
- Catedral de St. Andrew