Idade de Ferro

período da Prehistoria
(Redirección desde «Idade de ferro»)

Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade de Ferro
  Bronce final  
  Bronce medio
  Bronce antigo
Idade de Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico superior  
    Paleolítico medio
    Paleolítico inferior
  Paleolítico
Idade de Pedra

A Idade de Ferro[1] é a época final do sistema de tres idades, precedida polas Idades de Pedra (Neolítico) e de Bronce. É unha era arqueolóxica na Prehistoria e na Protohistoria de Europa e do Oriente Próximo, e por analoxía tamén é usado para noutras partes do Vello Mundo. O sistema de tres idades foi introducido na primeira metade do século XIX para arqueoloxía europea en particular, pero na segunda metade dese século estendeuse tamén á arqueoloxía de Oriente Próximo.[2][3] Como suxire o seu nome, é o período en que se desenvolveu a produción de ferramentas e armas mediante a metalurxia do ferro. O ferro é superior ao bronce en relación á dureza e abundancia de xacementos.

A duración da Idade de Ferro varía dependendo da rexión en cuestión. Está definida pola convención arqueolóxica, e a mera presenza de ferro fundido ou ferro forxado non é abondo para representar unha cultura da Idade de Ferro; máis ben, o termo implica que a produción de aceiro ao carbono estaba tan perfeccionada que era posible a produción masiva de ferramentas e armas superiores ás equivalentes en bronce. No antigo Oriente Próximo, esta transición prodúcese no chamado colapso da Idade de Bronce, no século -XII. A tecnoloxía espallouse axiña pola rexión do Mediterráneo e o sur de Asia. Tamén o fixo de xeito máis serodio en Asia central, o leste e centro de Europa, e aínda máis tarde na rexión do norte de Europa, arredor do ano -500.

A Idade de Ferro remata, segundo as convecións, co comezo do rexistro historiográfico. Isto non adoita representar unha diferenza clara no rexistro arqueolóxico. No antigo Oriente Medio remata co estabelecemento do Imperio Aqueménida no -550, (considerado histórico en virtude do rexistro de Heródoto) en Europa central e occidental remata coa conquista romana no século -I. A Idade de Ferro Xermánica de Escandinavia remata arredor do ano 800, co comezo da Era viquinga.

Cronoloxía

editar
 
Peza da idade de ferro.

Aínda na Idade de Bronce, un crecente número de obxectos de ferro fundido, distinguibles do ferro meteorítico pola falta de níquel, comexou a aparecer por toda Anatolia, Mesopotamia, o subcontinente indio, Levante, Mediterráneo e Exipto. Algunhas fontes propoñen que o ferro era un subproduto casual do refinamento do cobre, sen un proceso reproducible pola metalurxia da época.

A máis antiga produción sistemática e uso de utensilios de ferro comeza en Anatolia. Tamén existe unha teoría que a produción africana de ferro iniciou máis ou menos ó mesmo tempo, posiblemente até antes que en Anatolia. Porén descubertas recentes suxiren que o traballo do ferro aparece en Anatolia dende 2000 a. C.[4]. A actual investigación arqueolóxica no val do Ganxes, atesta a produción de ferro dende 1800 a. C.[5] Dende 1200 a. C., o ferro era amplamente utilizado no Oriente Medio, porén non suplantou en ningún momento o uso do bronce.

Xa se suxeriu que a falta de estaño fose o motivo do colapso da Idade de Bronce, coa interrupción do comercio no Mediterráneo por volta de 1300 a. C. que levaron á busca de metais alternativos.[6][7] Existen evidencias nesta época de que varios obxectos de bronce foron reciclados e transformados en armas. Co uso máis difundido do ferro, foi desenvolvida a tecnoloxía necesaria para facer un aceiro inoxidable, facendo que o seu valor baixase. Como resultado, cando houbo estaño dispoñible novamente, o ferro xa gañara a preferencia na produción de armas e ferramentas, sendo barato o suficiente para substituír o bronce.[8] O ferro sendo un material máis resistente e lixeiro, ofrecía vantaxes tecnolóxicas para as civilizacións que o adoptaban.

Porén, traballos arqueolóxicos máis recentes mudaron non soamente a cronoloxía, senón tamén as causas da transición do bronce para o ferro. Alén do que o ferro estaba a ser producido na India dende o 1800 a. C., varios sitios africanos posúen artefactos de ferro dende polo menos 1200 a. C.,[9][10][11] refutando a idea de que houbo unha única descuberta do ferro que despois se difundiu polo mundo.

Idade de BronceNeolíticoIdade de Pedra

Períodos

editar
 
Mapa mostrando a distribución da cultura Hallstatt e La Tène.      O centro do territorio Hallstatt (sobre o 800 AdC) móstrase en amarelo escuro,      a eventual área de influencia da cultura Hallstatt (sobre o 500 AdC) en amarelo claro.      O centro do territorio da cultura La Tène (450 AdC) móstrase en verde escuro,      a eventual área de influencia da cultura La Tène (sobre o 50 AdC) móstrase en verde claro.

O período da Idade de Ferro divídese en dous:

Na Europa Central, a Idade de Ferro divídese en tres períodos:

Na Alemaña, os historiadores diferencian unha Idade de Ferro Prerromana e outra Romana (Cultura de Jastorf).

Na Península Ibérica a Idade de Ferro remata coa ocupación do territorio polo Imperio Romano.

Europa

editar

A metalurxía do ferro foi introducida en Europa probablemente dende Asia Menor cara ó século X a. C., e estendeuse cara ó norte e o oeste durante os seguintes 500 anos. Considérase comunmente que a Idade de Ferro en Europa remata coa conquista romana.

Europa do leste

editar

A Idade de Ferro comezou en Europa oriental a comezos do I milenio a. C. Na estepa póntico-caspia e o Cáucaso, a cultura de Koban, a cultura de Novocherkassk e a de Chernogorovka marcan a aparición da Idade de Ferro temperá entre o século X a. C. e o século IX a. C.. Contra o 800 a. C. xa se estaba expandindo cara a cultura de Hallstatt a través das migracións tracias-cimerias.

Xunto coas culturas de Chernogorovka e Novocherkassk, no territorio das actuais Rusia e Ucraína asóciase case maioritariamente a Idade de Ferro cos escitas, que a desenvolveron dende o século VII a. C.. A maioría dos restos da súa produción de ferro e industrias metalúrxicas entre os séculos século V a. C. e século III a. C. atopáronse preto de Nikopol (en Kamenskoe Gorodishche), no que se considera a rexión metalúrxica por excelencia da antiga Escitia.[12][13]

Dende a cultura de Hallstatt, a Idade de Ferro desprázase cara ao oeste seguindo a expansión celta do século VI a. C.. En Polonia, a Idade de Ferro chega á cultura lusaciana por esas datas, seguida nalgunhas áreas pola cultura pomerania. Ó longo dos anos, debatéronse as adscricións étnicas de moitas culturas da Idade de Ferro, xa que se adoita considerar que a zona é berce dos pobos xermánicos, bálticos e eslavos.

Europa central

editar

En Europa central, a Idade de Ferro divídese polo xeral en Idade de Ferro Temperá (como a da Cultura de Hallstatt), entre o século IX a. C. e o 450 a. C., e a Idade de Ferro Serodia (como a da Cultura de La Tène), que comezou contra o 450 a. C.. En Alemaña, os historiadores adoitan diferenciar entre unha Idade de Ferro prerromana (La Tène) e outra romana (cultura de Jastorf).

Europa do oeste e sur

editar
 
Unha réplica dun tellado da Idade de Ferro, semellante aos das pallozas do Cebreiro.
Artigo principal: Idade de Ferro británica.

En Italia, é probable que a tecnoloxía do ferro fora introducida por primeira vez pola cultura de Villanova, aínda que esta era propiamente unha cultura da Idade de Bronce. A Idade de Ferro propiamente dita comeza coa civilización dos etruscos, que acabou de súpeto coa conquista da súa última cidade, Volsinii, por parte da nacente República Romana no ano 260 a. C..

Na Península Ibérica atopamos a cultura de Tartessos, seguida cronoloxicamente polos iberos. A influencia dos celtas desprazados nas súas migracións desenvolveron na península unha nova cultura, os celtiberos. Namentres, na actual Francia aparecerían os pobos galos.

Nas illas británicas, a Idade de Ferro durou dende o século V a. C. até a conquista romana, e até ben entrado o século V nas zonas non romanizadas. Nelas atópanse tamén restos de clara influencia celta, o que permite concluír unhas raíces culturais comúns de orixe celta en todo o oeste de Europa. As estruturas defensivas datadas nesa época adoitan ser moi impresionantes, como os broch do norte de Escocia e os castros esparexidos no resto das illas.

Europa do norte

editar
 
Os broch como o de Dun Carloway (Illa de Lewis, Escocia) son construcións da Idade de Ferro serodia.

A Idade de Ferro divídese, segundo os historiadores da zona, nunha Idade de Ferro prerromana e unha Idade de Ferro romana, seguida por un período de migración. O norte de Alemaña e Dinamarca foron dominados pola Cultura de Jastorf, mentres que na zona máis ó sur de Escandinavia atopábase a moi semellante Idade de Ferro Gregan

As primeiras producións de ferro escandinavas facíanse mediante a recolleita manual de mineral de ferro. A península escandinava, Finlandia e Estonia conservan restos arqueolóxicos correspondentes a unha temperá produción de ferro a pequena escala, aínda que resulta imposible datala con seguridade.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para idade.
  2. Karl von Rotteck, Karl Theodor Welcker, Das Staats-Lexikon (1864), p. 774 and begins to be applied in Assyriology.
  3. Oriental Institute Communications, Issues 13-19, Oriental Institute of the University of Chicago, 1922, p. 55.
  4. Ironware piece unearthed from Turkey found to be oldest steel Arquivado 29 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Jornal The Hindu, 26 março de 2009. (en inglés)
  5. TEWARI, Rakesh. The origins of iron-working in India: new evidence from the Central Ganga Plain and the Eastern Vindhyas, 2003. Arquivado 05 de decembro de 2021 en Wayback Machine.(en inglés)
  6. A.M.Snodgrass (1967), "Arms and Armour of the Greeks". (Thames & Hudson, London)
  7. A. M. Snodgrass (1971), "The Dark Age of Greece" (Edinburgh University Press, Edinburgh).
  8. Theodore Wertime and J. D. Muhly, eds. The Coming of the Age of Iron (New Haven, 1980).
  9. Duncan E. Miller and N.J. Van Der Merwe, 'Early Metal Working in Sub Saharan Africa' Journal of African History 35 (1994) 1–36; Minze Stuiver and N.J. Van Der Merwe, 'Radiocarbon Chronology of the Iron Age in Sub-Saharan Africa' Current Anthropology 1968.(en inglés)
  10. McINTOSH, Roderick J. How Old is the Iron Age in Sub-Saharan Africa?, Archaeological Institute of America (1999)(en inglés)
  11. ALPERN, Stanley B., Iron in Sub-Saharan Africa, 2005. Arquivado 02 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.(en inglés)
  12. Gran Enciclopedia Rusa, 3a edición, entrada sobre "Железный век", dispoñible en liña[Ligazón morta] (en ruso)
  13. Christian, D., Historia de Rusia, Asia Central y Mongolia, Blackwell Publishing, 1998, p. 141, dispoñible en liña (en inglés)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Barnes, Gina L. 2001. State Formation in Korea: Historical and Archaeological Perspectives. Curzon, Londres.
  • Kim, Do-heon. 2002 Samhan Sigi Jujocheolbu-eui Yutong Yangsang-e Daehan Geomto [Un estudo dos patróns de distribución das machadas de fundición de ferro no período]. Yongnam Kogohak, [Yongnam Archaeological Review] 31:1-29.
  • Lee, Sung-joo. 1998 Silla - Gaya Sahoe-eui Giwon-gwa Seongjang [o auxe e a caída das sociedades Silla e Gaya]. Hakyeon Munhwasa, Seul.
  • Taylor, Sarah. 1989 The Introduction and Development of Iron Production in Korea. World Archaeology 20(3): 422-431.
  • Yoon, Dong-suk. 1989 Early Iron Metallurgy in Korea. Archaeological Review from Cambridge 8(1): 92-99.
  • Duncan E. Miller i N.J. Van Der Merwe, 'Early Metal Working in Sub Saharan Africa' Journal of African History 35 (1994) 1-36.
  • Minze Stuiver i N.J. Van Der Merwe, 'Radiocarbon Chronology of the Iron Age in Sub-Saharan Africa' Current Anthropology 1968.
  • Gordon Childe, Vere. Qué sucedió en la Historia. 1977.
  • Collis, J. La Edad del Hierro en Europa. Labor. 1989.

Outros artigos

editar