Tintoretto
Tintoretto, de nome verdadeiro Jacopo Comin, nado en Venecia o 29 de setembro de 1518 e finado en Venecia o 31 de maio de 1594), foi un dos grandes pintores da escola veneciana e probablemente o último gran pintor do Renacemento italiano. Na súa mocidade tamén recibiu o alcumo de Jacopo Robusti, pois o seu pai defendeu as portas de Padua fronte ás tropas imperiales dun xeito bastante vigoroso. O seu verdadeiro apelido, 'Comin' foi descuberto recentemente por Miguel Falomir, xefe do departamento de Pintura Italiana do Museo do Prado, Madrid, e fíxose público a raíz da retrospectiva de Tintoretto no Prado (2007).[1]
Jacopo Robusti | |
---|---|
![]() Autorretrato de Tintoretto. | |
Nome | Jacopo Comin |
Nacemento | c. 29 de setembro de 1518, outubro de 1518, 1519 e 1518 |
Venecia | |
Falecemento | 31 de maio de 1594 |
Venecia | |
Nacionalidade | italiano |
Cónxuxe(s) | Faustina de Vescovi |
Fillos | Marietta Tintoretto, Domenico Tintoretto e Marco Tintoretto |
Eido | Pintura |
Movemento | Manierismo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |

Pola súa fenomenal enerxía e empeño á hora de pintar foi alcumado Il Furioso, e o seu dramático uso da perspectiva e os especiais efectos de luz fan del un precursor da arte barroca. Os seus traballos máis famosos son unha serie de pinturas sobre a vida de Xesús e a Virxe María na Scuola Grande dei San Rocco de Venecia.
Traxectoria Editar
Foi un dos máis grandes pintores da escola veneciana e probablemente o último gran pintor do Renacemento italiano. Pola súa fenomenal enerxía pintando foi alcumado Il Furioso, e o uso dramático da perspectiva espacial e os efectos especiais da luz fixérono precursor da arte barroca co seu característico estilo manierista.
Influído por Parmigianino no terreo formal e por Miguelanxo no espiritual a súa orixinalidade amósase en obras como O Lavatorio (1547), pola súa concepción do espazo baleiro e profundo ou no Miragre do escravo (1548), onde unha conmoción de gran violencia axita a todos os personaxes.
Notas Editar
- ↑ "Spanish curator uncovers true name of Tintoretto". cbc.ca. 21-01-2007. Consultado o 1122-11-2018.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tintoretto |
Ligazóns externas Editar
- Biografía de Tintoretto nas vidas de Giorgio Vasari, edición Giuntina de 1568