Caravaggio

Pintor italiano do Barroco

Michelangelo Merisi da Caravaggio, nado en Milán o 28 de setembro de 1571 e finado o 18 de xullo de 1610, foi un pintor italiano activo en Roma, Nápoles, Malta e Sicilia entre 1593 e 1610, foi o primeiro gran representante da escola barroca. É coñecido como Caravaggio, que é o nome do pobo lombardo onde naceu.[1]

Caravaggio
Retrato de Caravaggio por Ottavio Leoni.
NomeMichelangelo Merisi
Nacemento29 de setembro de 1571 e 1573
 Milán e Caravaggio
Falecemento18 de xullo de 1610 e 1610
 Porto Ercole
Nacionalidadeitaliana
Eidopintura
AdestramentoPintura barroca
Na rede
Musicbrainz: 3ce7224d-b51b-4eee-b76a-f9ed6cf5bc4e Discogs: 2235003 WikiTree: Merisi-2 Find a Grave: 7942336 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Crucifixión de San Pedro, 1600, Basilica di Santa Maria del Popolo, Roma.

Traxectoria editar

Á súa tráxica vida (matou un home nunha liorta en Roma en 1606 e pasou o resto da súa vida fuxindo)[2] correspóndese cunha pintura de extrema tensión moral e relixiosa. As súas representacións relixiosas non son historia nin alegoría senón feitos cotiáns xa que Caravaggio buscaba a verdade na arte. O seu estilo caracterízase polas súas composicións unitarias, contrastes brutais de luz e sombra, atmosferas e personaxes reais que atraen o espectador e fai que quede impresionado polo drama vivido en cada escena. O seu realismo exacérbase nas súas últimas obras, agrupando as figuras nunha zona do lenzo, batidas polos efectos da luz, creando un ambiente de desolación e traxedia.

A súa evolución estilística pode dividirse en dúas etapas: experimental (1590-1610), e etapa de madurez (1598-1610). Na primeira etapa plasma os fondos máis claros e luminosos, mentres que na segunda céntrase no tenebrismo potenciando a teatralidade nas escenas.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Graham-Dixon (2012)
  2. Suárez, Martiño (10 de setembro de 2018). "Raquetas ou espadas". Praza.gal. Consultado o 11 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • González Prieto, Antonio; Tello, Antonio (2013). Caravaggio. Col. Grandes maestros de la pintura. Barcelona: Sol 90. ISBN 978-8498203639. 
  • Graham-Dixon, Andrew (2012). Caravaggio: Una vida sagrada y profana (EPUB - DRM). Taurus. ISBN 9788430609130. 

 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.