Iolanda de Valois

duquesa de Savoia

Iolanda de Valois (en francés: Yolande de Valois), nada en Tours o 23 de setembro de 1434 e finada en Chambéry o 23 de agosto de 1478, foi duquesa consorte de Savoia. Era filla do rei Carlos VII de Francia, "O Vitorioso", e María de Anjou. Casou co duque Amadeo IX de Savoia en 1452. Levaba o nome da súa avoa, Iolanda de Aragón. Ás veces coñécese como Iolanda de Francia. Iolanda actuou como rexente de Savoia entre 1472 e 1478.

Iolanda de Valois
Yolande of Valois.jpg
Nacemento23 de setembro de 1434
 Tours
Falecemento23 de agosto de 1478
 Chambéry
SoterradaVercelli Cathedral
OcupaciónNobreza
PaiCarlos VII de Francia
NaiMaría de Anjou
CónxuxeAmadeo IX de Savoia
FillosLuísa de Savoia, Filiberto I de Savoia, Carlos I de Savoia, Ana de Savoia e Marie de Savoie
IrmánsLuís XI de Francia, Catarina de Valois e de Anjou, Madalena de Francia, Xoana de Valois e de Anjou, Radegunda de Francia, Carlota de Valois, Carles de Valois, duque de Berry e Marie de France
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A epilepsia e o retiro do seu marido deixouna no control do Estado para loitar cos baróns de Savoia. Despois da morte deste en marzo de 1472, converteuse en rexente do seu fillo Filiberto até a súa propia morte.

Do mesmo xeito que o seu irmán Carlos, foi unha aliada de Carlos o Temerario, contra o seu propio irmán Luís XI de Francia. Despois da humillación de Borgoña na Batalla de Grandson en 1476, o duque acusouna de estar en liga con Luís e encarcerouna.

Despois da súa liberación, fixo as paces co seu irmán e quedou en bos termos con el até a súa morte.

DescendenciaEditar

Casou en 1452 con Amadeo IX (1435-1472), duque de Savoia, conde de Aosta e príncipe de Piemonte; fillo do duque Luís de Savoia e da princesa Ana de Chipre. Desta unión naceron dez fillos:

  • Luís de Savoia († 1453).
  • Ana de Savoia (1455-1480), casou en 1478 con Federico I de Nápoles († 1504), príncipe de Altamura.
  • Carlos de Savoia (1456-1471), príncipe de Piemonte.
  • Luísa de Savoia (1462-1503), casou en 1479 con Hugo de Chalon († 1490), señor de Orbe.
  • Filiberto de Savoia (1465-1482), duque de Savoia, conde de Aosta e príncipe de Piemonte.
  • María de Savoia (?-1511), casou en 1476 con Filipe de Hochberg († 1503), margrave de Bade-Sausenberg; e logo con Xaime de Assay, señor de Plessis.
  • Bernardo de Savoia († 1467)
  • Carlos de Savoia (1468-1490), duque de Savoia, conde de Aosta e príncipe de Piemonte.
  • Xaime Luís de Savoia (1470-1485), marqués de Gex.
  • Xoán Claudio Galeazzo de Savoia († 1472)