Xoán V da Bretaña

militar francés

Xoán V da Bretaña[1] tamén coñecido como Xoán V ou VI o Anglófilo, O Sabio ou O Prudente, nado o 24 de decembro de 1389 no castelo de l'Hermine en Vannes e finado o 29 de agosto de 1442 no Manoir de la Touche preto de Nantes. Foi o terceiro fillo, o primeiro varón, do duque Xoán IV da Bretaña e da súa terceira esposa Xoana de Navarra. Á morte do seu pai, o 9 de novembro de 1399, converteuse en duque da Bretaña. Chamou ao valenciano Vicente Ferrer para predicar no ducado e no seu goberno publicáronse algúns escritos en lingua bretoa.

Infotaula de personaXoán V da Bretaña

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean V de Bretagne Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1389 Editar o valor en Wikidata
Vannes, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de agosto de 1442 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Nantes, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTréguier Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
LinguaFrancés medio Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Cen Anos Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaMontfort of Brittany (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJoana de França (1396 (Gregoriano)–)
FillosIsabela da Bretanha (pt) Traducir, Pedro II da Bretaña, Francisco I da Bretaña, Gilles da Bretanha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisXoán IV da Bretaña Editar o valor en Wikidata  e Joana de Navarra (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria da Bretanha (pt) Traducir, Margarida da Bretanha (pt) Traducir, Branca da Bretanha (pt) Traducir, Ricardo de Étampes e Artur III da Bretaña Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Montfort-79
Xoán V da Bretaña.

Traxectoria

editar
 
Matrimonio de Xoán V o Sabio e Xoana de Francia
 
Placa que conmemora a súa morte en Nantes.

Converteuse en duque aos dez anos de idade baixo a tutela do duque de Borgoña, Filipe II o intrépido, que arrasou Jersey e Guernesey. Reconciliouse co rei de Francia Carlos VI de Francia, que casara cunha filla. Tamén se reconciliou con Olivier de Clisson, o inimigo do seu pai. En 1404, derrotou aos ingleses preto de Brest. Loitou contra Clisson e estaba a piques de cercalo cando morreu. Aliado dos franceses contra os ingleses ao final da Guerra dos Cen Anos, chegou a Azincourt despois da batalla, o que non obstante lle permitiu recuperar ao pouco a cidade de Saint-Malo (daquela anexionada ao reino), tal como prevía a súa alianza co rei de Francia. Despois levou unha política de báscula entre os dous partidos, inglés e francés: asinou o tratado de Troyes, que desposuía a Carlos VII de Francia, pero autorizaba ao seu irmán Artur III da Bretaña, condestábel de Richemont (Richmond) a loitar baixo a súa bandeira. Henrique V de Inglaterra prendeu a Artur de Richemont durante sete anos de prisión: o seu nome mítico foi sempre temido polos reis de Inglaterra.

Fixo a paz cos condes de Penthièvre, pero estes non renunciaran a reinar sobre a Bretaña. Convidado a unha festa que daban en Champtoceaux en 1420, asistiu e foi apresado baixo a orde de Margarida de Clisson (condesa viúva de Penthièvre), detido e ameazado de morte. Este secuestro sen precedentes conmoveu aos príncipes europeos, pero non provocou intervención ningunha do tribunal de Francia. Pero a acción da súa muller, a duquesa Xoana de Francia (1391-1433) (ou Xoana de Valois), duquesa da Bretaña e dos baróns bretóns permitiulle recuperar a liberdade. Como resultado desta liberación, a ciudadela de Champtoceaux foi destruída totalmente; Xoán V quixo que todas as paredes da súa prisión fosen destruídas ata os alicerces. Loitou contra Xoán II de Alençon e cercou Puancé en 1432. Artur de Richemont, o seu irmán, que o acompañaba, convenceuno para facer a paz.

 
A estatua xacente de Xoán V da Bretaña na catedral de Tréguier.

Descríbese como o máis fermoso príncipe do seu tempo e magnífico na súa vestimenta, nos seus mobles e na súa cociña. Unha estatua súa de madeira policromada pode verse na capela de Saint-Fiacre en Faouët.

Matrimonio e descendencia

editar

Casou en París o 19 de setembro de 1396 con Xoana de Francia (1391 - 1433), filla de Carlos VI de Francia, de quen tivo:

  1. Ana (1409 - despois de 1415).
  2. Isabel (1411 - 1442 ), casou o 1 de outubro de 1430 con Guido XIV de Laval.
  3. Margarida (1412 - 1421).
  4. Francisco I da Bretaña (1414 - 1450), duque da Bretaña.
  5. Caterina (1417 - despois de 1444) casou con Estevo Jamin, asesor e secretario do rei, conselleiro e membro do Consello dos Cen de Poitou[2].
  6. Pedro II da Bretaña (1418 - 1457), duque da Bretaña.
  7. Xil da Bretaña (1420 - 1450), señor de Champtocé.
  1. Certos historiadores, tendo en conta o reinado de Xoán II de Montfort ao que consideran Xoán IV, desígnano co nome de Xoán VI.
  2. Deste matrimonio naceron tres fillos entre os que está Luísa, afillada de Lois XI de Francia casada con Xoán de Molins de Rochefort.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar