Xoán II de Francia

Xoán II de Francia chamado: "o Bo", nado en Le Mans o 26 de abril de 1319 e finado en Londres o 8 de abril de 1364, foi conde de Anjou e Maine e duque de Normandía (1332 - 1350) e rei de Francia (1350 -1364).

Xoán II de Francia
14th-century unknown painters - Portrait of Jean le Bon, King of France - WGA23666.jpg
Nacemento26 de abril de 1319
Lugar de nacementoLe Mans
Falecemento8 de abril de 1364
Lugar de falecementoLondres
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
PaiFilipe VI de Francia
NaiXoana de Borgoña
CónxuxeBona de Luxemburgo e Joana I, Condessa de Auvérnia
FillosCarlos V de Francia, Luís I de Provenza, João, Duque de Berry, Filipe II, Duque da Borgonha, Xoana de Valois, raíña de Navarra, Maria de França, Duquesa de Bar e Isabella, Countess of Vertus
IrmánsJoan of Valois e Filipe III de Valois
Na rede
WikiTree: Valois-139 Find a Grave: 21082 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en 1319, era o segundo fillo, pero o primeiro varón, do rei Filipe VI de Francia e a súa primeira muller, Xoana de Borgoña. Era neto por liña paterna de Carlos I de Valois e Margarida de Anjou, e pola liña materna de Roberto II de Borgoña e de Inés de Francia.

Casou o 6 de agosto de 1332 en Melun con Bonna de Luxemburgo, filla do conde Xoán I de Luxemburgo e Isabel de Bohemia. Desta unión naceron:

O 19 de febreiro de 1349 casou, en segundas nupcias, en Nanterre, coa condesa Xoana de Auvernia, filla de Guillerme XII de Auvernia e Margarida de Évreux . Desta unión naceron:

Ascenso ao trono e conflitosEditar

Foi coroado rei de Francia o 26 de agosto de 1350 na catedral de Reims.

Devaluou a moeda francesa para obter os fondos necesarios para facer fronte aos gastos franceses na Guerra dos Cen Anos. Ademais de se enfrontar ao rei inglés, tamén se enfrontou constantemente con Carlos II de Navarra.

Loitando contra o príncipe negro, fillo de Eduardo III de Inglaterra, foi capturado e feito prisioneiro na batalla de Poitiers en 1356[1]. Foi enviado a Londres, onde foi encerrado na Torre. En 1360, tras a paz de Bretigny, regresou a Francia co compromiso de pagar un prezo elevado pola súa liberación. Dado que non conseguiu obter a cantidade solicitada, foi de novo preso e deportado a Inglaterra, onde morreu en 1364.

NotasEditar

  1. Medieval Mercenaries: The Business of War (en anglès). Greenhill Books. 2006. ISBN 1853676977. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar