Xoana de Castro

Xoana de Castro, finada en Monforte de Lemos o 21 de agosto de 1374, foi unha raíña consorte de Castela polo seu matrimonio con Pedro I de Castela.

Xoana de Castro
Raíñas consortes de Castela
Sepulcro de la reina Juana de Castro, segunda esposa de Pedro I el Cruel, rey de Castilla y León (Catedral de Santiago de Compostela).jpg
Sepulcro de Xoana de Castro.

Falecemento21 de agosto de 1374
Reino de Galicia
SepulturaPanteón Real, Catedral de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
Cónxuxe/sPedro I de Castela
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realCasa de Castro
ProxenitoresPedro Fernández de Castro
Isabel Ponce de León

Escudo de Xoana de Castro
Na rede
WikiTree: Castro-326

Orixes familiaresEditar

Foi filla de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos, Monforte e Sarria, e de Isabel Ponce de León. Por parte paterna foron os seus avós Fernando Rodríguez de Castro, señor de Lemos e Sarria, e Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela. E por parte materna era neta de Pedro Ponce de León, señor de Cangas e Tinéu, e Sancha Gil de Chacim. Foi irmá de Fernán Ruiz de Castro e de Inés de Castro.

TraxectoriaEditar

Casou en 1354 co rei Pedro I, que a abandonou poucos días despois de verificado o matrimonio. Para que este se puidese celebrar, os bispos de Ávila e Salamanca declararon nulo que o rei contraera con Branca de Borbón. Dese matrimonio naceu Xoán de Castela e Castro, designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con María de Padilla.

Aínda que se asegura que Pedro I non volveu a ver a Xoana, non debeu estar tan pouco tempo reunido con ela, xa que o Pontífice o amoestou seriamente, chegando á excomuñón por non obedecer ó seu mandato e se comprende ben que estas dilixencias non se puideron practicar en poucos días. Tamén se di que o rei se separou de Xoana a consecuencia da excomuñón do Pontífice, o que, porén, se omite na crónica de López de Ayala, aínda que se asegura nos fragmentos da crónica do bispo de Xaén.

Cando o rei Pedro I de Castela abandonou a Xoana fíxolle doazón do señorío de Dueñas, onde ela viviu sen deixar nunca de titularse raíña de Castela. Adoita cualifícanse de aduladores e débiles ós bispos de Ávila e Salamanca por declarar nulo o matrimonio de Pedro I con Branca de Borbóna; pero non falta quen expón razóns de gran peso para xustificar a nulidade daquel enlace, e por outra parte, é fama que os citados bispos foron homes piadosos, doctos e cheos de virtude. Consta ademais que non se retractaron, e se ben marcharon a Roma, acudindo ó chamamento do Papa Inocencio VI para responder da súa conduta, non deberon saír desairados cando nada di do resultado da audiencia o cronista Ayala, decidido partidario de Henrique de Trastamara.

O seu sartego está na catedral de Santiago de Compostela.[1]

Matrimonios e descendenciaEditar

Froito do seu matrimonio con Diego Fernández de Haro tivo un fillo:

  • Pedro Díaz de Haro (morto cara 1370)

E do seu matrimonio co rei Pedro I de Castela naceu tamén un fillo:

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Arco y Garay, Ricardo del (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11366237. 
Predecesor:
Branca de Borbón
 
Raíña consorte de Castela

1354 - 1369
Sucesor:
Xoana Manuel de Villena