Comarca de Terra de Lemos
Terra de Lemos[1] é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.
| |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.241 (2022) (31,09 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 940,49 km² | ||||
Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.
Xeografía
editarSituación
editarA Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.
Orografía
editarOs principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:
- Alto da Veneira (1.164 m)
- Alto da Serra (1.137 m)
- Chao das Lagas (1.060 m)
- Alto da Chá (1.021 m)
Hidrografía
editarOs ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. En Monforte consérvase a Ponte Vella sobre este río, un dos monumentos característicos da vila. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.
Clima
editarO clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais e fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse puntualmente a superar temperaturas máximas de 40º; e algunhas noites quedan preto dos 5º.
Demografía
editarA poboación era, en 2020, de 29.780 habitantes[2] distribuídos así:
Concello | Habitantes[3] |
---|---|
Monforte de Lemos | 18.347 |
O Saviñao | 3.634 |
Pantón | 2.457 |
Sober | 2.260 |
A Pobra do Brollón | 1.632 |
Bóveda | 1.450 |
Padrón municipal 2020 | 29.780 habitantes[2] |
---|---|
Menores de 15 anos | 2.769 (9,30 %) |
Entre 16 e 64 anos | 16.602 (55,75 %) |
Maiores de 65 anos | 10.409 (34,95 %) |
Localidades máis poboadas
editarNo 2020 as entidades máis poboadas segundo o IGE eran[3]:
- Monforte de Lemos: 15.993 hab.
- Escairón: 877 hab.
- O Castro de Ferreira: 408 hab.
- Bóveda: 389 hab.
- Sober: 338 hab.
- Rubián: 270 hab.
- A Pobra do Brollón: 257 hab.
- Toiriz: 155 hab.
Infraestruturas de transporte
editarNa comarca de Terra de Lemos únense as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril de Monforte de Lemos é a máis importante da provincia.
Principais estradas
editar- A estrada N-120 Ourense-Monforte de Lemos-Ponferrada: liga coas autovías A-52 en Ourense e A-6 en Ponferrada.
- O corredor CG-2.1 Lalín-Chantada-Monforte de Lemos: liga en Lalín coa autoestrada AP-53 Santiago de Compostela-Ourense.
- O corredor CG-2.2 Nadela-Sarria-Monforte de Lemos: liga coa N-120 en Monforte e coa A-6 en Lugo.
- A estrada LU-546 Lugo-Sarria-Monforte de Lemos
- LU-652 Bóveda-A Estación: une as estradas N-120 e LU-546 sen pasar por Monforte de Lemos e facilitando os traxectos entre Lugo e Ponferrada.
Está en proxecto a autovía A-76, que discorrerá paralela á N-120 e unirá Ourense con Ponferrada pasando por Monforte e dando acceso ao porto seco, actualmente en construción.
Ferrocarril
editarNa comarca conflúen dúas liñas de ferrocarril:
- A Coruña-Palencia, pasando por Monforte de Lemos.
- Vigo-Ourense-Monforte de Lemos.
Hai 7 estacións na comarca: Monforte de Lemos (presta servizo para pasaxeiros de longo percorrido e media distancia, e mercancías), A Pobra do Brollón, Canaval, Areas, Santo Estevo do Sil e San Pedro do Sil (prestan servizo para pasaxeiros de media distancia) e Rubián (só para mercancías).
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Lemos
Notas
editar- ↑ "DOG 63 do 03/04/1997 - DECRETO 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia.". www.xunta.gal. Consultado o 4 de novembro de 2023.
TERRA DE LEMOS: comprende os concellos de: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón (A), Saviñao (O), Sober.
- ↑ 2,0 2,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Consultado o 2021-03-30.
- ↑ 3,0 3,1 "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-03-30.