Estación de Rubián

estación de ferrocarril en Rubián, Bóveda

Coordenadas: 42°38′55″N 7°29′06″O / 42.6484865, -7.4849823

Rubián é un apeadoiro de Adif, situado na vila de Rubián, no concello de Bóveda, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Rubián
SituaciónBóveda

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 375,4 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Bóveda e de Oural. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A estación foi aberta ao tráfico o 31 de agosto de 1883 coa posta en marcha do tramo Toural dos Vaos-Oural da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.[2]

Dende 2002 non ten servizos de pasaxeiros.[3]

A estación editar

O edificio para viaxeiros é de base rectangular e tres alturas. A estación dispón de tres vías e unha única plataforma lateral, xunto ao edificio.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar