Estación do Oural
apeadoiro ferroviario no Oural, Chorente, Sarria
(Redirección desde «Estación de Oural»)
O Oural é un apeadoiro de Adif, situado no Oural, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Estación do Oural | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Sarria | |||
Parroquia | Chorente | |||
Lugar | O Oural ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 20304 ![]() | |||
Liña de tren | Liña Palencia - A Coruña ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Adif ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 386,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Rubián e de Sarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 12 de xullo de 1882 coa posta en marcha do tramo Sarria-Oural da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.[2]
A estación
editarO edificio para viaxeiros é de base rectangular e unha altura. A estación dispón de cinco vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central entre as dúas vías máis próximas ao edificio. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
- ↑ Os trens rexionais de Renfe non paran en cinco estacións aínda que haxa pasaxeiros