O Oural, Chorente, Sarria
O Oural é un lugar da parroquia de Chorente, no concello lugués de Sarria, na comarca de Sarria. Atópase a 600 metros de altitude.
O Oural | |
---|---|
Estación do Oural | |
Parroquia | Chorente |
Concello | Sarria |
Coordenadas | 42°42′59″N 7°26′54″O / 42.7164855, -7.4482542 |
Poboación | 323 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Segundo o IGE,[1] en 2017 tiña 323 habitantes (155 homes e 168 mulleres).
Economía
editarO núcleo do Oural naceu a consecuencia da apertura da factoría de Cementos Cosmos, xa que antes non existían casas na zona.[2]
Comunicacións
editarPolo Oural pasa a estrada LU-546 que une Lugo e Monforte de Lemos. Tamén rodea a localidade polo oeste o corredor CG-2.2 que realiza o mesmo percorrido que a estrada anterior sen pasar polas localidades. A estrada secundaria LU-642 une O Oural co concello do Incio.
Tamén pasa polo Oural a liña ferroviaria León-A Coruña, que conta cunha estación na localidade, aínda que actualmente non ten servizo de pasaxeiros.
Galería de imaxes
editarLugares e parroquias
editarLugares da parroquia de Chorente no concello de Sarria (Lugo) | |
---|---|
Airexe | Carballo | Ferradal | O Oural | A Quintá | Sanguñedo | Santigoso | Traslodeiro | Vilaverde |
Parroquias de Sarria
editarNotas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2019.
- ↑ La Voz de Galicia (16 de marzo de 2005). "Oural logra identidade propia". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 30 de setembro de 2018.