Estación de Monforte de Lemos

estación de ferrocarril en Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é a estación de ferrocarril máis importante en número de trens da provincia de Lugo, situada na cidade de Monforte de Lemos, e unha das máis importantes e con maior número de pasaxeiros de Galicia debido a confluencia das liñas León-A Coruña e Monforte-Redondela.

Monforte de Lemos
Estación de Monforte de Lemos
SituaciónPraza da Estación s/n 27400
Monforte de Lemos
ServizosRestauración Venda de Billetes
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaMD, Intercity, Rexional Exprés
Intermodalidade
OutrosTaxi
Na rede
www.adif.es

Ten servizos de Media e Longa Distancia, ademais dunha imporante función loxística derivada da súa extensa praia de vías.[1]

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase situada a 298 metros de altitude nos trazados das seguintes liñas férreas:

Historia

editar

A chegada do ferrocarril a Monforte de Lemos en 1883, foi a culminación dun proceso iniciado 25 anos antes, o 21 de abril de 1858, cando a raíña Isabel II sancionou a lei que todo ese tempo despois faría posible que o tren chegase á cidade do Cabe. O artigo primeiro desta lei establecía que o goberno adxudicará en poxa pública «a liña de primeira orde» que entre en Galicia pola Ponte de Domingo Flórez, e en Monforte se bifurcase para terminar nos portos da Coruña e Vigo.

Diferentes problemas coas concesións atrasaron o comezo e a finalización das obras. Tivo que ser o 2 de febreiro de 1880 cando o goberno fixo a adxudicación definitiva á Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España. O acordo adopta a forma de Real Decreto o 4 de febreiro. O 31 de marzo dese ano realízase unha transferencia da concesión obtida pola anterior empresa á Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León, que será a encargada de materializar a unión da Meseta con Galicia.

O 4 de agosto de 1883, en viaxe de proba, un tren fai o traxecto entre Palencia e A Coruña, co presidente do Consello de Administración da empresa adxudicataria, o Duque de Sexto, á fronte. No entanto, o momento culminante sitúase nos días 31 de agosto e 1 de setembro de 1883. No primeiro sae de Madrid ás 8,40 horas o tren inaugural, no que viaxan os Reis de España, Afonso XII e María Cristina, aos que acompañan numerosas autoridades civís e militares. Ás nove e media do día 1 de setembro de 1883, o convoi fai a súa entrada na estación de Monforte, na que é recibido polas autoridades locais e numeroso público.

É motivo da concesión a Monforte do título de cidade polo rei Afonso XII, en orde aos esforzos nos traballos do Ferrocarril, que foi o motor da economía da cidade, ata que reestruturacións desprazaron o nó ferroviario existente e o lugar de Mando á cidade de Ourense, mentres que o único taller de reparación de Máquinas de Galicia, foi trasladado a León.

En 1926 a estación foi ampliada.[4]

Se ben inicialmente a estación estaba situada lonxe do núcleo urbano, o pulo económico que levou á zona o ferrocarril fixo prosperar as áreas próximas, medrando ao seu redor o coñecido como barrio da Estación, o que fixo que a estación pasase a estar moi integrada no casco urbano da cidade. Esta puxanza económica reflectiuse na construción por parte do colectivo de traballadores do ferrocarril do Colexio Ferroviario en 1931, e no proxecto de construción dun novo mercado no barrio durante a Segunda República para que as persoas que residían no barrio non se tivesen que desprazar ao centro para mercar produtos que non podían adquirir nos negocios do barrio, aínda que o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 impediu que o proxecto se materializase. O maior apoxeo do barrio circundante chegou logo da guerra civil, cando segundo o investigador local Felipe Aira Pardo, chegou a acoller nas dez rúas que o conformaban a 3129 persoas en 1940. Con todo, contra a década de 1960, coincidindo coa perda de peso de Monforte de Lemos como nó ferroviario, o barrio comezou un declive demográfico que se mantén ata os nosos días.[5][6][7][4]

Actualmente, aínda mantense na cidade lucense parte dos talleres. Cabe destacar que algunhas das infraestruturas que caeron en desuso, como ó depósito de máquinas, foron obxecto de remodelación e actualmente albergan o Museo do Ferrocarril de Galicia.

Está previsto polo Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte 2009-2020 do Ministerio de Fomento a chegada do AVE a Monforte, de Ponferrada e cara a Lugo e Ourense, e por iso está en proxecto unha nova estación para os servizos de alta velocidade, ao nordés da cidade, nas proximidades da estrada de Reigada[8].

A estación

editar
 
Vista aérea da estación de Monforte de Lemos.

Atópase ao nordés do centro urbano na praza da Estación e é accesible desde varias rúas lindeiras. Desde un punto de vista arquitectónico o edificio para viaxeiros de grandes dimensións mostra un aspecto sobrio e funcional. Está composto por un pavillón central de tres plantas ao que se anexan dúas ás laterais de varios corpos dunha altura algo inferior ao elemento central. As extensas fachadas están adornadas con abundantes vans adintelados que se reparten de forma simétrica. O recinto, no seu interior, conta cunha ampla sala de espera e vestíbulo, venda de billetes, aseos e servizos adaptados para as persoas con discapacidade.

Na zona de vías, marquesiñas propias cobren as tres plataformas (unha lateral e dúas centrais) coas que conta a estación. Á plataforma lateral accede a vía 1, mentres que as vías 2, 3, 4 e 5 acceden respectivamente á primeira e segunda plataforma central.[1] Estas son as vías usadas principalmente polo tráfico de viaxeiros pero só son unha pequena parte da extensa praia de vías existente. En paralelo ás vías mencionadas e afastándose do edificio principal atópanse as vías numeradas do 6 ao 14.[1] A estas hai que unir outras oito vías mortas. Son as vías 2A e 2B (finalizan nos extremos da primeira plataforma central), 21, 22, 41 e 42, estas conclúen nos laterais do edificio para viaxeiros, dous nun extremo e as outras dúas no outro e as vías 33 e 34, situadas dirección Lugo e algo afastadas do armazón principal. Esta zona inclúe tamén as vías 31 e 32. En total son 24 as vías numeradas existentes en Monforte de Lemos. O armazón de vías vese completado por diversas instalacións como peiraos de carga, talleres ou almacéns.

Algunhas das moitas infraestruturas que caeron en desuso, como sucede co o depósito de máquinas, foron obxecto de remodelación e albergan o Museo do Ferrocarril de Galicia.

Servizos ferroviarios

editar

Longa distancia

editar

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia

editar

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
4 MD A Coruña <> Terminal
Ourense-Empalme
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar
  1. 1,0 1,1 1,2 Monforte de Lemos Arquivado 22 de xuño de 2015 en Wayback Machine. Adif
  2. Monforte de Lemos(Est.) Euroferroviarios
  3. Red ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  4. 4,0 4,1 Aira Pardo, Felipe (10 de nobembro de 2010). "Recorrido cronológico por Monforte". El Progreso (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  5. "La estación de Monforte de Lemos (BT Nº8):" (en castelán). Asociación Berciana de Amigos del Ferrocarril. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  6. Albo, Francisco (16 de xaneiro de 2018). "La Estación, un barrio antes populoso en el que crecen los edificios en ruina". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  7. Aira Pardo, Felipe. "EL PROYECTADO MERCADO DEL BARRIO DE A ESTACIÓN" (en castelán). jrcasan.com. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  8. O PSOE expón unha proposta para suprimir os dous pasos a nivel que mantén o borrador do AVE Ourense-Lugo

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar