Estación de Irún

Coordenadas: 43°20′22″N 1°48′04″O / 43.339476, -1.80124

A estación de Irún é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade vasca de Irún, en Guipúscoa. É unha estación fronteiriza que ten o seu equivalente francés en Hendaia. Por este motivo ten tanto vías de largo ibérico como de largo internacional, o que permite a circulación tanto de trens operados por Renfe como tamén pola SNCF.

Irún
SituaciónIrún (Guipúscoa)
ServizosAseos Servizos adaptados Aparcadoiro Cafetería Carros portavultos
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel, Intercity, Intercités, TGV
Media distanciaMD, Intercity
CercaníasProximidades Donostia

Situación ferroviaria editar

A estación de Irún forma unha parella xunto coa francesa estación de Hendaia, situada a uns dous quilómetros e separada polo río Bidasoa. A rede de ancho ibérico (1.668 mm) chega a Irún e continúa para finalizar en Hendaia, mentres que a rede de ancho internacional (1.435 mm) chega a Hendaia e continúa para finalizar en Irún. O tramo entre ambas as estacións dispón de vías nos dous anchos.

Pola rede francesa, a estación atópase no punto quilométrico 235,063 da liña Bordeos-Irún. Pola española, atópase no punto quilométrico 639,4 da liña férrea radial Madrid-Hendaia, inaugurada en 1864.[1] Tamén formaba parte da liña férrea Irún-Elizondo pechada desde 1956.

A SNCF e Renfe Operadora teñen un acordo mediante o cal os trens de cada compañía atravesan a fronteira ata a seguinte estación para deixar viaxeiros, pero non para recollelos. Así, os trens en dirección Francia inician e finalizan percorrido en Hendaia, e os trens dirección España inician e finalizan percorrido en Irún. Os trens que cruzan a fronteira para deixar viaxeiros volven sen carga á estación situada alén. Os trens rexionais non chegan a atravesar a fronteira, polo que non existe posibilidade de ligazón entre os rexionais de ambas as redes.

O único tren de pasaxeiros que realizaba un percorrido pasante era o Trenhotel «Francisco de Goya», tren nocturno entre Madrid-Chamartín e París-Austerlitz. Compoñíase dunha rama tipo Talgo cuxas rodas desprazábanse nun cambiador de ancho para pasar da rede española á francesa e viceversa. No pasado tamén se utilizou para trens de pasaxeiros o cambio de eixos, que actualmente só se emprega para trens de mercadorías. Así mesmo existen instalacións para a manipulación de mercadorías e a súa transbordo entre trens españois e franceses.

Historia editar

O ferrocarril chegou a Irún en 1863 cando a Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España completou o tramo Donostia-Irún da liña que pretendía unir Madrid coa fronteira francesa.[2] Pouco despois, en agosto de 1864, o trazado alcanzou Francia grazas á construción da ponte internacional sobre o río Bidasoa. Por primeira vez, as redes ferroviarias españolas e francesas quedaban unidas. As primeiras instalacións construídas foron substituídas en 1881 por unha estación definitiva que seguía os planos do enxeñeiro Avillume.[2] Dividiuse en dous edificios un destinado ao tráfico nacional dunha planta e outro destinado ao tráfico internacional de dúas plantas.[2]

En 1941, coa nacionalización do ferrocarril en España, Norte desapareceu e pasou a formar parte de Renfe. Esta última xestionou o recinto ata a creación de Adif a finais de 2004.

Servizos ferroviarios editar

Longa distancia editar

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observación
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido

Media distancia editar

Actualizado a 26 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
  MD
Intercity
Irún Madrid-Chamartín
25 MD Irún Vitoria
Miranda de Ebro

Proximidades editar

É unha das cabeceiras da única liña do núcleo de proximidades Renfe Donostia.

Liña estación > cabeceira >>
  Ventas de Irún Brínkola

Notas editar

  1. Irún (Est) Euroferroviarios
  2. 2,0 2,1 2,2 Museo del ferrocarril. "Maqueta Irún-Hendaya" (PDF). Consultado o 4 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar