Estación de Bembibre
Coordenadas: 42°36′33″N 6°25′17″O / 42.6091, -6.42142
Bembibre é unha estación de tren de Adif situada no concello de Bembibre, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Bembibre | |
---|---|
![]() | |
Situación | Bembibre |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
Situación ferroviaria editar
A estación atópase no punto quilométrico 232,2 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 647 metros de altitude[1], entre as estacións de Villaverde de los Cestos e de Torre del Bierzo. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia editar
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de febreiro de 1882 coa posta en marcha do tramo Ponferrada-Brañuelas da liña que pretendía unir Palencia e A Coruña.[2] Os case catorce anos que separan a apertura deste tramo do anterior entre Brañuelas e Astorga deixan patente as dificultades atopadas para dar cun trazado cuxo desnivel fora asumible polas locomotoras da época. As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación editar
Sitúase ao sur da localidade de Bembibre. O edificio para viaxeiros é un recinto de base rectangular, dúas plantas e disposición lateral ás vías. Está cuberta cun amplo tellado de lousa de dúas vertentes. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Só a plataforma lateral conta cunha marquesiña parcial cubrindo a mesma. Nos arredores da estación hai peiraos de mercadorías e zonas de carga hoxe abandonadas.
Servizos ferroviarios editar
Longa distancia editar
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia editar
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín León |
<> | Vigo-Guixar | |
23 | Rexional Exprés | Valladolid-Campo Grande León |
<> | Ponferrada |
Notas editar
- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a La Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Bembibre |
- Información na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)