Estación do Porriño
A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.
Estación do Porriño | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Instalacións | aparcadoiro ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | O Porriño ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 1878 ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 22201 ![]() | |||
Liña de tren | Liña Monforte de Lemos - Vigo ![]() | |||
Servizo de conexión | Alvia e Trenhotel ![]() | |||
Longa distancia | Alvia, Trenhotel | |||
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarA estación está situada no punto quilométrico 151,6 da liña que une Monforte de Lemos con Redondela.[1] Atópase a 31 metros de altitude, e a liña é de vía única electrificada.
Historia
editarA estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A compañía encargada das obras foi MZOV. O enxeñeiro Francisco Javier Boguerín clasificouna como de terceira categoría. Nos primeiros anos houbo unha construción provisional de madeira. O edificio foi construído entre marzo de 1889 e xaneiro de 1890.
En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[2] En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
O 9 de setembro de 2016 tivo lugar na entrada da estación o accidente ferroviario do Porriño. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal que se dirixía de Vigo a Porto descarrilou ás 9:25 da mañá, e provocou a morte de 4 persoas e máis de 40 feridas.[3]
A estación
editarEstá situada ao norte do municipio. O seu edificio para viaxeiros segue o esquema doutras estacións deste tramo e componse dun corpo central de dúas alturas ao que se anexan dúas ás laterais de menor altura. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras dúas vías terminan en toperas. No exterior do recinto hai unha zona de aparcadoiro habilitada.
Servizos ferroviarios
editarLonga Distancia
editarActualizados a 11 de xuño de 2016.
Media distancia
editarActualizados a 11 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
3 | Rexional Exprés Rexional Internacional |
Porto-Campanhã | <> | Vigo-Guixar |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
editar- ↑ "Rede ferroviaria de España" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ "Tres mortos e varios feridos ao descarrilar un tren de pasaxeiros en O Porriño". Europa Press. 9 de setembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación do Porriño |