Estación de Camp de Tarragona
Camp de Tarragona é a estación dos trens de alta velocidade de Tarragona, que ten só vías de ancho internacional (1435 mm), e está incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación pasante de trens situada entre as localidades de Perafort e La Secuita, preto de Tarragona, Reus e Valls. O nome provén da antiga comarca do Camp de Tarragona, que hoxe en día está fragmentada en tres.
Estación de Camp de Tarragona | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estación de ferrocarril e estación en superficie ![]() | |||
Epónimo | Camp de Tarragona ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Instalacións | aparcadoiro e baño público ![]() | |||
Material usado | aceiro ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Acceso | ||||
Accesibilidade en cadeira de rodas | accesíbel con cadeira de rodas ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 2006 ![]() | |||
Inauguración | 19 de decembro de 2006 ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Alta Velocidade Española, Alvia, Trenhotel, Avant, Intercity, Elipsos (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Código de estación | 04104 ![]() | |||
Estación adxacente | Estación de Barcelona - Sants e Estación de Lleida - Pirineus ![]() | |||
Liñas ferroviarias | Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | Provincia de Tarragona | |||
Comarca | Tarragonès | |||
Concello | La Secuita ![]() | |||
Código postal | 43765 ![]() | |||
Altitude | 120 m ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | adif.es… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Esta dispón de 8 vías de ancho internacional, 4 delas sen plataformas para trens sen parada na estación que actualmente só usan os AVE directos Madrid-Barcelona ou semidirectos Madrid-Zaragoza-Barcelona.
Historia
editarA estación inaugurouse o 26 de decembro de 2006 coa prolongación da LAV Madrid-Zaragoza-Lleida ata o cambiador de ancho de Roda de Berà, converténdose en estación terminal do AVE. Ao principio realizábase o traxecto ata/dende Madrid-Puerta de Atocha en 2 h 50 min, e na actualidade reducíuse ata as 2 h e media.
Foi a estación terminal dos trens AVE da L.A.V. Madrid-Barcelona-Fronteira francesa ata o 20 de febreiro de 2008, cando o AVE chegou a Barcelona.
A estación está situada practicamente no mesmo lugar no que se atopaba a antiga estación de Renfe de La Secuita-Perafort, da liña Reus-Roda de Berà, clausurada nos anos 1990.
Servizos ferroviarios
editar< | Tren | > |
---|---|---|
Barcelona-Sants | Avant | Lleida-Pirineus |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información da estación en adif.es Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)