Estación de Logroño

Coordenadas: 42°27′28″N 2°26′27″O / 42.457778, -2.440833

A estación de Logroño é unha estación de tren de Adif situada na cidade española de Logroño. Foi inaugurada parcialmente o 18 de decembro de 2011 dentro da primeira fase dun amplo proxecto urbanístico tendente a mellorar a integración do ferrocarril na cidade soterrando gran parte do seu trazado.[1]

Logroño
Fachada da estación en 2013.
SituaciónLogroño
Servizosrestauración aparcamiento
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaRexional Exprés

No ano 2010, os seus servizos de Longa e Media distancia foron utilizados por preto de 170.000 viaxeiros.[2]

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no trazado da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón con Bilbao por Logroño e Miranda de Ebro a 388 metros de altitud.[3]

Historia editar

Chegada do ferrocarril editar

A primeira estación de Logroño foi inaugurada o 21 de setembro de 1863, en presenza do Xeneral Espartero. Foi construída pola Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao que poucas semanas antes puxera en funcionamento do tramo Castejón-Orduña da liña férrea que pretendía unir Castejón con Bilbao.[4] En 1878, foi absorbida por Norte que mantivo a titularidade da estación ata a nacionalización do ferrocarril en España en 1941 e a creación de Renfe.

A estación de RENFE editar

 
A estación de RENFE, derrubada en 2010.

O 9 de novembro de 1958, Jorge Vigón, ministro de Obras Públicas, inaugurou unha nova estación construída por RENFE.[5] Concluían así unhas obras iniciadas dez anos antes e que dotaban á cidade dun recinto de case 11.000 metros cadrados formado por un pavillón central, dúas ás laterais e dúas torres en cada extremo que contaba entre outros con despachos de billetes para a venda de billetes, estanco, bar, oficina bancaria, consigna, estafeta de correos e dependencias policiais. Incorporaba tamén unha zona de vivendas destinada aos traballadores ferrovarios. En total a obra custou algo máis de 10 millóns de pesetas.[5] O Correos Bilbao-Zaragoza foi o primeiro tren que estreou as instalacións. O 9 de agosto de 2010 foi derrubada.[6]

A estación provisional editar

O 30 de abril de 2010 tivo lugar a apertura dunha estación provisional,[7] situada nos arredores da antiga, e cuxa función era substituír a mesma ata a construción dunha nova estación con vías soterradas froito da integración do trazado férreo na cidade. Este recinto provisional era dunha soa planta rectangular e estaba divididos en dúas zonas: unha de 324 metros cadrados para uso ferroviario e outra de 399 metros cadrados dotada de sala de espera e cafetería. Ambas estaban separadas por un paramento de vidro.[7] Contaba ademais con puntos informativos, aseos, quiosco, locais de alugueiro de vehículos e venda de billetes. No exterior dispúxose dun aparcadoiro de 109 prazas. Cumprida a súa función, en abril do 2012 foi totalmente desmantelada.[8]

A nova estación editar

O 18 de decembro de 2011 o Alvia Bilbao-Barcelona estreou a nova estación de Logroño. Era o punto álxido da primeira fase das obras de integración ferroviaria realizados na cidade e que supoñerán o soterramento de case 1.400 metros da liña férrea que une Castejón con Bilbao.[9] Este novo recinto foi ideado polos arquitectos Iñaki Ábalos e Juan Herreros gañadores do Concurso Internacional para a Integración Urbana do Ferrocarril na Cidade de Logroño que foi convocado pola Sociedade Logroño Integración do Ferrocarril 2002.[9]

Conta cun vestíbulo en superficie de algo máis de 1.500 metros cadrados, unha nave de plataformas na planta inferior dotada de cinco vías e dúas plataformas centrais e dunha cuberta exterior en forma de lomba artificial de máis de 8.000 metros cadrados de carácter transitable.[9] Dispón de venda de billetes, aseos, locais comerciais, servizo de cafetería e consigna. As instalacións completaranse coa construción de pártea sur do edificio e cun aparcadoiro subterráneo cuxas obras se iniciarán tras a demolición da estación provisional.[9]

O acceso principal sitúase na fachada oeste aínda que se prevé un segundo acceso pola fachada sur do edificio e unha terceira saída de emerxencia polo lado norte.

Servizos ferroviarios editar

Longa distancia editar

Actualizado a 6 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Alfaro · Calahorra Logroño 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia editar

Actualizados a 6 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
22 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias Logroño
22 MD Salamanca Logroño

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar