Estación de Ponferrada
Ponferrada é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ponferrada, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Ponferrada | |
---|---|
Situación | Ponferrada |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 251 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 512 metros de altitude[1], entre as estacións de Posada del Bierzo e de San Miguel de las Dueñas. O tramo é de vía única e está electrificado.
Nas proximidades da estación ponferradina, entre os barrios de Flores del Sil e Cuatrovientos, sitúase unha terminal de mercadorías ferroviarias[2] xestionada por Adif.
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 4 de febreiro de 1882 coa posta en marcha do tramo Ponferrada-Brañuelas da liña que pretendía unir Palencia e A Coruña.[3] Os case catorce anos que separan a apertura deste tramo do anterior entre Brañuelas e Astorga deixan patente as dificultades atopadas para dar cun trazado cuxo desnivel fora asumible polas locomotoras da época. As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
A estación de Ponferrada supoñía o punto de ligazón entre o ferrocarril de Ponferrada a Villablino e a rede de Renfe para o intercambio do carbón procedente da conca mineira do Sil aos vagóns de vía ancha e desta maneira levalo ao resto de España. Grazas a isto, a estación e a súa contorna creceron moito. Nos anos 80, debido á crise e decadencia do carbón na zona, clausurouse o tren a Villablino entre Ponferrada e Cubillos del Sil co que a estación perdeu gran parte da súa actividade.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarA estación conta cun total de seis vías pasantes e dúas plataformas, así como varios feixes de vías mortas para o apartado de material de mantemento.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León terminal |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Información da terminal ferroviaria de mercadorías de Adif
- ↑ 3,0 3,1 Palencia a La Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Ponferrada |