Estación de Zaragoza-Delicias

A estación de Zaragoza–Delicias é unha estación intermodal de ferrocarril e autobuses situada no barrio de Las Delicias da cidade aragonesa de Zaragoza.

Estación de Zaragoza-Delicias

Tipoestación de ferrocarril, estación intermodal, estación subterránea e estación de cambio de vía Editar o valor en Wikidata
Estado de usoen funcionamento Editar o valor en Wikidata
Instalaciónsrestauración aparcamiento accesible PMR Venda de billetes
Persoas e organizacións
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Arquitecto/aCarlos Ferrater Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración2003 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Servizo de conexiónAlvia, Alta Velocidade Española, Trenhotel, Intercity, Elipsos (en) Traducir, Renfe Avlo, Iryo (en) Traducir e Line C-1 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de estación04040 Editar o valor en Wikidata
Estación adxacenteEstación de Utebo, Estación de Zaragoza-Portillo, Estación de Huesca, Estación de Calatayud e Estación de Lleida - Pirineus Editar o valor en Wikidata
Liñas ferroviariasLiña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa
Línea Zaragoza-Sagunto (en) Traducir
Q1414060 Traducir
liña Madrid-Barcelona Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°39′31″N 0°54′40″O / 41.658661, -0.9112
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza
ConcelloZaragoza Editar o valor en Wikidata
RúaCalle Rioja (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código postal50017 Editar o valor en Wikidata
Altitude185 m Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

É un edificio de grande envergadura, inaugurado o 7 de maio de 2003 e que ademais, dende o 5 de maio de 2007 alberga ademais a Estación Central de Autobuses. Desde o 11 de xuño de 2008, tres días antes da inauguración da Exposición Internacional de 2008, opera o servizo de proximidades nas vías 7 e 8.

Situación ferroviaria

editar

A estación forma parte dos trazados das seguintes liñas férreas:

Ademais, formaba parte tamén dun pequeno ramal de vía estreita que unía Zaragoza-Delicias con Zaragoza-Cariñena hoxe desmantelado.[2]

Historia

editar

A estación foi inaugurada o día 7 de maio de 2003, data na cal empezaron a operar na estación os primeiros trens de alta velocidade. O 11 de xuño de 2008, tres días antes do inicio da Exposición Internacional de Zaragoza, as vías 7 e 8 empezaron a recibir os primeiros trens de proximidade da recentemente creada liña C-1 de proximidades Zaragoza. Tras cumprirse dez anos desde a súa inauguración fíxose público que preto de 19 millóns de pasaxeiros.[3]

A estación

editar
 
Estación de Zaragoza-Delicias

Foi proxectada polos arquitectos Carlos Ferrater, José María Valero e Félix Arranz, o enxeñeiro de camiños Juan Calvo e o enxeñeiro de instalacións Juan Broseta, de Enxeñería Proxectos Civís e Tecnolóxicos SA, de Valencia. É unha estación cun grande espazo interior de máis de seiscentos metros de longo por cento oitenta de ancho, configurado por tres vestíbulos que organizan as circulacións dos viaxeiros a través dunha zona de saídas e outra de chegadas e o "transfer", a través dun acceso central subterráneo.

Dispón de 18,8 ha repartidas entre os servizos destinados a visitantes en xeral e os espazos ocupados directamente para funcións de transporte. Só para o transporte ferroviario conta con oito plataformas cunha lonxitude de 400 metros cada unha.

Un dos elementos máis novos deste proxecto é a súa cuberta, que desde a distancia ofrece un perfil insólito cos seus grandes arcos en diagonal sobre o corpo do edificio, unha cuberta de tetraedros que captan a luz e a súa gran dimensión, rememorando unha catenaria investida.

A cuberta principal ten unha superficie de 40.000 m² e está composta por unha malla triangular a modo de taboleiro de xadrez, de triángulos alternos de luz e de sombra, que dotan á estación de luz natural. Na zona central de plataformas a altura do teito chega a ser de 30 metros, nunha zona onde non existe nin un só alicerce que sustente as 4 hectáreas de teito infestado de lucernarios dispostos en forma de malla triangular.

Obtivo o Premio FAD de arquitectura en 2004 e o Premio Brunel no ano 2005 no seu 22ª edición.

Servizos ferroviarios

editar

Longa distancia

editar

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona Barcelona-Sants 2 trens diarios por sentido
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona Figueres-Vilafant 8 trens diarios por sentido
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta Huesca 2 trens diarios por sentido
AVE Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Cidade Real · Puertollano · Córdoba Sevilla-Santa Justa 2 trens diarios por sentido
AVE Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Cidade Real · Córdoba · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana Málaga-María Zambrano 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia

editar

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
Avant Calatayud Zaragoza-Delicias
22 Rexional Exprés Logroño
Castejón de Ebro
Miraflores
34 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias Móra la Nova
Barcelona-Estació de França
38 Rexional Zaragoza-Delicias Lleida-Pirineus
49 MD Valencia-Estació del Nord
Teruel
Zaragoza-Portillo
55 Rexional Calatayud
Arcos de Jalón
Zaragoza-Delicias
Miraflores
56 Rexional Canfranc
Tardienta
Jaca
Zaragoza-Delicias

Proximidades

editar

A estación de Delicias forma parte da liña C-1 da rede de proximidades Zaragoza operada por Renfe.

Galería de imaxes

editar
  1. Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Zaragoza-Delicias (Est.) Euroferroviarios
  3. «Preto de 19 millóns de viaxeiros utilizaron o AVE en Zaragoza nos seus dez anos de vida»

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar