Estación de Puente Genil-Herrera
Puente Genil-Herrera é unha estación de alta velocidade de Adif, situada na estrada A-318, sobre o límite provincial entre Córdoba e Sevilla, entre as cidades de Puente Genil e Herrera.
Estación de Puente Genil-Herrera | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Instalacións | ![]() ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Córdoba | |||
Concello | Puente Genil ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 2006 ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 02002 ![]() | |||
Liña de tren | Liña de alta velocidade Córdoba-Málaga ![]() | |||
Servizo de conexión | Alta Velocidade Española e Avant ![]() | |||
Alta velocidade | ![]() ![]() | |||
Outros transportes | Autobuses urbanos e interurbanos | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Adif ![]() | |||
Operador | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Esta estación forma parte da liña de alta velocidade Córdoba-Málaga. Dá servizo, xunto coa estación de Antequera-Santa Ana, á poboación da zona central de Andalucía.
Características
editarA liña de alta velocidade Córdoba-Málaga está deseñada para soportar velocidades de tráfico de ata 350 km/h; con todo, os trens comerciais teñen un límite de velocidade de 300 km/h.
Os trens máis rápidos de Renfe, o AVE e o Avant, comunican a Puente Genil-Herrera con Córdoba en 23 minutos, e con Antequera-Santa Ana en só 12.
Servizos ferroviarios
editarLongo Percorrido
editarO servizo AVE Madrid-Málaga realízase en 15 ocasións ao día en ambos os sentidos, parando en Puente Genil-Herrera en cinco destas. O AVE Barcelona-Málaga circula unha vez ao día, parando nesta estación durante o día, e un tren Talgo comezará a prestar un servizo nocturno no mesmo traxecto desde o día 26 de xaneiro de 2009
Nome do tren | Orixe/Destino | Paradas intermedias | Características |
---|---|---|---|
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Córdoba-Central · Puertollano · Cidade Real | 15 trens diarios por sentido |
Málaga-María Zambrano | Antequera-Santa Ana | ||
AVE | Barcelona-Sants | Córdoba-Central · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona | 1 tren diario por sentido |
Málaga-María Zambrano | Antequera-Santa Ana | ||
Talgo | Barcelona-Sants | Córdoba-Central · Zaragoza-Delicias · Camp de Tarragona | 1 tren diario por sentido |
Málaga-María Zambrano | Antequera-Santa Ana |
Media Distancia
editarO servizo Avant Sevilla-Córdoba-Málaga realízase en 5 ocasións ao día en ambos sentidos, parando sempre en Puente Genil-Herrera.
Nome do tren | Orixe/Destino | Paradas intermedias | Características |
---|---|---|---|
Avant | Sevilla-Santa Justa | Córdoba-Central | 5 trens diarios por sentido |
Málaga-María Zambrano | Antequera-Santa Ana |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Puente Genil-Herrera |