Estación de Alfaro
A estación de Alfaro é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Alfaro, na Rioxa. Ten servizos de longa e media Distancia operados por Renfe.
Alfaro | |
---|---|
Fachada da estación en 2011. | |
Situación | Alfaro (A Rioxa) |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia |
Media distancia | MD, Rexional Exprés |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 5,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón con Bilbao por Logroño e Miranda de Ebro a 261 metros de altitude.[1]
Historia
editarA estación foi inaugurada o 30 de agosto de 1863 coa apertura do tramo Castejón-Orduña da liña férrea que pretendía unir Castejón con Bilbao. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao creada en 1857.[2] En 1865 a compañía declarouse en suspensión de pagos por non poder superar as dificultades económicas derivadas do investimento realizado na construción da liña e foi intervida polo Banco de Bilbao.[3] En 1878, foi absorbida por Norte que mantivo a titularidade da estación ata a nacionalización do ferrocarril en España en 1941 e a creación de Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarSitúase ao norte do núcleo urbano ao final da avenida da Vía. Como moitas das estacións deste tramo non conserva o seu edificio orixinal xa que foi substituído por un de corte funcional de planta rectangular e dúas alturas usado como vivenda no seu parte superior. Dispón de dúas vías principais (vías 1 e 2) e unha derivada (vía 4). Todas dispoñen de acceso a plataforma, ben a través da plataforma lateral ben a través da plataforma central a cal dispón dunha marquesiña metálica para protexer aos viaxeiros. Os cambios dun a outro se realizan a nivel. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 6 de xullo de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
Alvia | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Alfaro · Calahorra | Logroño | 6 trens semanais por sentido |
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro | Bilbao-Abando | 2 trens diarios por sentido |
Media distancia
editarActualizados a 6 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
22 | MD Rexional Exprés |
Zaragoza-Delicias | Logroño Salamanca |
Notas
editar- ↑ Alfaro (Apt.) Euroferroviarios
- ↑ "Castejón de Ebro á Bilbao (vía Logroño y Miranda de Ebro)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-04-09.
- ↑ Historia do Tudela-Bilbao Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine. AFERioja
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Estación de Alfaro |
- Información na web de Adif Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine.