Estación de Castejón de Ebro
Coordenadas: 42°10′22″N 1°41′33″O / 42.172855, -1.69258
Castejón de Ebro é unha estación ferroviaria situada no municipio español de Castejón, en Navarra. É un importante nó ferroviario da rede aínda que o peche ao tráfico de liña Soria-Castejón na década dos 90 e o conseguinte desvío do tráfico radial por Zaragoza fixéronlle perder peso. Aínda así conserva unha ampla praia de vías. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Castejón de Ebro | |
---|---|
![]() | |
Situación | Castejón (Navarra) |
Servizos | ![]() ![]() ![]() |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | Rexional Exprés |
Situación ferroviaria editar
Na estación conflúen as seguintes liñas férreas de largo ibérico:
- Liña férrea Soria-Castejón (parte da liña 202), punto quilométrico 103,0. A devandita liña deixou de prestar servizo no ano 1996 aínda que non está oficialmente pechada.
- Liña férrea Bilbao-Casetas (liña 700) por Logroño e Miranda de Ebro, punto quilométrico cero.
- Liñas férrea Castejón-Altsasu (liña 710) na súa sección de Zaragoza a Castejón de Ebro, punto quilométrico 93,7.
Historia editar
A estación foi inaugurada o 16 de maio de 1861 coa apertura do tramo Tudela-Caparroso da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía del Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[1] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarriles de Zaragoza a Pamplona y Barcelona.[2] En 1863, a liña Castejón-Bilbao impulsada pola Compañía del Ferrocarril de Tudela a Bilbao sumouse á anterior convertendo a localidade en nó ferroviario.[3] En 1878, todas estas compañías remataron absorbidas por Norte.
En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Ese mesmo ano púxose en funcionamento a Castejón-Soria, liña de vía única, sen electrificar que pretendía acurtar os traxectos entre Madrid e Pamplona.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.
A estación editar
Sitúase ao norte do centro urbano. Posúe un amplo edificio para viaxeiros formado por unha estrutura de dúas plantas, de base rectangular, de aspecto clásico e simétrico. Forma unha especie de illa rodeado por un gran número de vías. Posúe cinco plataformas, dúas a cada lado do edificio e outras tres centrais. A estas últimos accédese grazas a varios pasos subterráneos. O complexo ferroviario conta ademais, cunhas vinte vías, moitas delas mortas. Nunha destas vías consérvase en non demasiado bo estado de conservación un prototipo de RENFE coñecido como o platanito.
Dispón de venda de billetes, punto de información, sala de espera, aseos e servizos adaptados para as persoas con discapacidade. No exterior, nun dos laterais do edificio de viaxeiros existe un aparcadoiro habilitado.
Servizos ferroviarios editar
Longa distancia editar
Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Media distancia editar
Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
22 | Rexional Exprés | Zaragoza-Delicias | <> | Logroño Castejón de Ebro |
26 | Rexional Exprés | Zaragoza-Delicias | <> | Pamplona-Iruña Vitoria-Gasteiz |
Notas editar
- ↑ Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
- ↑ Zaragoza a Pamplona e Alsasua Arquivado 15 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. spanishrailway
- ↑ "Castejón de Ebro á Bilbao (vía Logroño y Miranda de Ebro)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-04-09.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Castejón de Ebro |
- Información na páxina web de Adif Arquivado 27 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)